16/09/2020
Sinatura do convenio entre Confederación e Concello de Barbadás para reformar parque do Tren e peche do parque dos Patos

A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA E O CONCELLO DE BARBADÁS ASINAN UN CONVENIO DE FINANCIAMENTO PARA A MELLORA DO PARQUE DOS PATOS E A REFORMA DO PARQUE INFANTIL DO TREN
O parque do tren será obxecto do cambio de pavimento e a instalación de unha nova locomotora e vagón, ademáis de reparar os xogos do parque e aplicar un tratamento de pintura
O peche do parque dos Patos mellorará a seguridade na zona e ampliarase o vial preto de 1 metro
- O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, asinaron este mediodía un convenio para a financiación, execución e entrega das obras de mellora na zona verde dos Patos e non parque infantil do tren.
- O parque dos Patos conta con un peche vexetal de pouca entidade e atópase deteriorado, o que supón un risco pola facilidade que os/as nenos/as teñen para sair da zona verde e pola posibilidade de invasión por parte dos vehículos que circulan pola rúa.
- O parque infantil do Tren é moi frecuentado por nenos e nenas da zona e precisa unha reforma porque o pavimento de baldosas de caucho está deteriorado , o multixogo precisa reparacións e a valla perimetral e outras pezas de madeira do parque requiren de tratamento e pintura.
- O custo todal de reforma de ambos parques é de 110.000 euros, dos cales 22.000 son aportados polo Concello de Barbadás e 88.000 pola Confederación, é dicir, unha porcentaxe do 20 % aportada por Barbadás e un 80 % polo organismo de augas.
- Estas contías están distribuidas en dúas anualidades: 12.000 para o ano 2020 e 98.000 para o exercicio de 2021.
- As actuacións no peche do parque dos Patos consitirán na retirada do seto vexetal que linda coa estrada nun tramo de 118 metros e o levantamento de un muro de pedras de granito con albardilla, reixa metálica de aceiro pintado e postes de granito rematados con capiteles graníticos.
- Inclúese tamén unha porta metálica de doble fola de 1,80 de ancho e rematarase a frontera con ovo peche con firme de zahorra. Ademais retranquearase un tramo de 80 metos para a ampliación da rúa e rematarase ese tramo de vial con asfalto.
- As obras a realizar no parque infantil do Tren consistirán na retirada do pavimento de caucho e do xogo do tren para a posterior colocación do novo pavimento e instalarase unha nova locomotora de tren e un vagón novos. Tamén se efectuarán as reparacións necesarias do resto dos xogos do parque.
- No parque do Tren aplicarase un tratamento de pintura e lasur ás pezas de madeira do tren, do resto de xogos do parque e á valla perimetral.
- No acto de sinatura ademais do presidente da Confederación Hidrográfica, José Antonio Quiroga, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcarcel, estivo tamén a concelleira de Urbanismo, Victoria Morenza.