01/11/2025
SOBRIA E SERENA
Venres,7 novembro, 20:30h. na Sala Manuel María | Casa Cultura de Barbadás

Este Venres 7 de Novembro, ás 20:30h. contaremos coa presencia das actrices de SOBRIA E SERENA, Jazmín Abuín e Arantxa Treus, cómicas, viguesas e, sobre todo, amigas, decidimos aproveitar o bo momento profesional que ambas estamos a vivir no mundo da comedia para unirnos e facer o humor mentres ensinamos un punto de vista persoal sobre o mundo e, de paso, tentar cambialo un pouquiño a golpe de gargallada.
Sobria e Serena veñen rirse de si mesmas e da vida. Xuntas. Porque non hai nada máis san que a risa, porque catro ollos ven máis que dous, e porque o bo, se dobre, dúas veces bo.
Sobria e Serena convídanvos a acompañalas por un percorrido da súa vida e a súa visión do mundo, e, sobre todo, a rir. A rir moito.
Máis dunha hora de risioterapia . O resto da información é Segredo de Estado e só a coñecerá un grupo moi selecto da poboación: o das mentes privilexiadas. Ou sexa, o da xente que vai ao teatro.
Evento: Teatro
Día: Venres 7 de Novembro
Hora: 20:30h.
Lugar: Sala Manuel María | Barbadás
Idades: Espectáculo recomendado a partir dos 12 anos en adiante
Entrada con invitación (Recóllense na Casa da Cultura, a partir do luns 3 de Novembro)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás