28/09/2018
Solicitude de renovación do Bono Social Eléctrico
Ampliase o prazo ata o 8 de outubro.

Ampliase o prazo, ata o 8 de Outubro, para a renovación do bono social eléctrico.
O Bono Social consiste nun desconto na factura da luz que pretende protexer os fogares máis vulnerables.
Coa entrada en vigor, en octubre de 2017, do Real Decreto 897/2017 cambian os requisitos para ter dereito o Bono Social.
Para beneficiarse do Bono Social haberá que ter a tarifa eléctrica PVPC (con o sin discriminación horaria) e unha potencia igual ou inferior a 10 kW na vivenda habitual.
Ademáis, deberanse cumprir os requisitos para ser considerado cliente vulnerable, cliente vulnerable severo ou cliente vulnerable severo en risco de exclusión social.
Máis información:
Concellería de Servicios Sociais de Barbadás.
Concello de Barbadás.
Teléfono: 988360000- extensión 3.
Oficinas Municipais de A Valenzá.
Teléfono: 988393168.