05/05/2021
Subvencións da Xunta de Galicia para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación do 19 de abril de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 5 de maio de 2021 e remata o día 4 de xuño de 2021.
As persoas interesadas poden obter información nos seguintes números de teléfono da Dirección Xeral de Comercio 981 54 55 25/ 981 54 55 48/981 54 55 57/981 54 59 15
Data | Adxuntos |
---|---|
05/05/2021 | Orde DOG PDF [1 MB] |
05/05/2021 | Extracto orde DOG PDF [431 KB] |