23/05/2022

Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal

O Diario Oficial de Galicia publica  a Orde do 22 de abril de 2022 da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación;  pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial
e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300C).

Persoas beneficiarias

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade
económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas
que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma, que non teñan a consideración de grande establecemento
comercial segundo a normativa aplicable e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión
Europea no Regulamento da Unión Europea 651/2014 (DOUE 187, do 26 de xuño), teñan
un número de empregados/as igual ou inferior a vinte (20), incluídas as persoas en situación de autoemprego.
c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá
estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

2. Obradoiros artesáns:
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día do prazo establecido para a presentación de solicitudes

Obxecto

A concesión de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector
comercial e artesanal.

Prazo de presentación de solicitudes

Dende o 24 de maio ata o día 23 de xuño de 2022.

Data Adxuntos
23/05/2022 Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal PDF [1 MB]

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1733804680

SINGLE.1733804680