04/07/2022

Subvencións para investimentos en equipamentos post Covid dos establecementos hosteleiros

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas  do sector da hostalaría, que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda

Para os efectos destas axudas considéranse dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais, albergues turísticos e outros tipos de aloxamentos, ademais de restaurantes, bares e outros establecementos de restauración.

2. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante, REAT)

 Obxecto e réxime

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hostaleiros inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia mediante a realización de investimentos en equipamentos poscovid.

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2022. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores ao 1 de xaneiro de 2022.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 2 de xullo de 2022 ata o 1 de agosto de 2022.

Data Adxuntos
04/07/2022 Subvencións establecementos hostaleiros PDF [1 MB]

Novas, Promoción económica

CONTENT.1745145837

SINGLE.1745145837