01/02/2024
Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social
O Diario Oficial de Galicia publica a Orde da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía social) e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).
Entidades beneficiarias
As cooperativas e sociedades laborais, para o programa I, e as persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.
Obxecto e finalidade
Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais a través dos seguintes programas:
Programa I: dirixido a fomentar a incorporación, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, de persoas desempregadas, persoas traballadoras con carácter temporal e de persoas socias a proba.
Programa II: dirixido a fomentar o acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou de sociedades laborais, así como o fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas, a través do financiamento das achegas económicas ao capital social.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de febreiro de 2024 e finalizará o 16 de setembro de 2024, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Data | Adxuntos |
---|---|
01/02/2024 | Subvencións de emprendemento en economía social PDF [2 MB] |