30/12/2022

Subvencións para o Programa de modernización do comercio

O Diario Oficial de Galicia publica o día 30 de decembro de 2022, a  Orde da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación do 23 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión
Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións:

1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas
comerciais.
1.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.

Obxecto

O financiamento de proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable, dirixidos
a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial.

Importe

Para a concesión destas subvencións destínanse 2.700.000,00 € con cargo ao Plan de
recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a
partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

Data Adxuntos
30/12/2022 Subvencións Programa de modernización do comercio PDF [1 MB]

Comercio, Novas, Promoción económica

CONTENT.1686129863

SINGLE.1686129863