22/10/2021
Subvencións para promover o autoemprego das persoas emigrantes galegas retornadas e Subvencions COVID-19 para mantemento do autoemprego na Comunidade autónoma galega

O Diario Oficial de Galicia publicou a Resolución do 11 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego, na Comunidade Autónoma galega, das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á segunda convocatoria no ano 2021 (código de procedemento PR937A).
Existen dúas liñas de subvención:
– Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
– Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: destinadas a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia.
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 22 de outubro de 2021 ata o 22 de novembro de 2021 ambos os dous incluídos.
Data | Adxuntos |
---|---|
22/10/2021 | Subvencións promoción autoemprego persoas emigrantes retornadas e subvencións COVID 19 mantemento autoemprego PDF [860 KB] |