13/08/2024

Subvencións Programa de Comercio circular

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración do 30 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do Programa de comercio circular e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CO300D)

 Beneficiarias/os

1. Poderán ser beneficiarias/os das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

1.1. Programa Eco-pack.

1.1.1. Comerciantes retallistas con tenda física:

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na comunidade autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

b) Que teñan a condición de peme de ata 50 persoas traballadoras, conforme o establecido no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE núm. 187, do 26 de xuño), incluídas as persoas en situación de autoemprego.

c) Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade para a cal vai dirixida a subvención.

No caso de que nun mesmo establecemento comercial se realicen actividades comerciais subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal.

1.1.2. Talleres artesáns:

Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

1.1.3. Asociacións de comerciantes:

Que reúnan os requisitos para ter a condición de centro comercial aberto, de acordo co previsto na Orde do 8 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO300A) (DOG núm. 100, do 24.5.2024).

En todo caso, as asociacións de comerciantes deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais pola xunta directiva nos dous últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria.

1.2. Programa Avanza téxtil.

Pemes e persoas autónomas do sector téxtil (deseño, produción e venda de pezas de vestir, calzado e complementos).

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na comunidade autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

Que teñan a condición de peme de ata 10 persoas traballadoras, nos termos previstos no número 1.1.1. b) deste artigo, incluídas as persoas en situación de autoemprego.

c) Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo III e que esta constitúa a actividade para a cal vai dirixida a subvención.

1.3. Programa Re-circular.

Pemes e persoas autónomas do sector téxtil (deseño, produción e venda de pezas de vestir, calzado e complementos).

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na comunidade autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

b) Que teñan a condición de peme de ata 20 persoas traballadoras, nos termos previstos no número 1.1.1.b) deste artigo, incluídas as persoas en situación de autoemprego..

c) Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo III e que esta constitúa a actividade para a cal vai dirixida a subvención.

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a transformación sostible do sector comercial galego a través do impulso de actuacións de comercio sostible e circular.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día 14 de agosto de 2024.

Data Adxuntos
13/08/2024 Subvencións programa de comercio circular PDF [919 KB]

Comercio, Novas

CONTENT.1726145608

SINGLE.1726145608