27/05/2025

Súmate ao III Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”

Banner III Paseo literario de Carmen Martín Gaite
  • A actividade levarase a cabo o 21 de xuño, a partir das 9,45 horas
  • O prazo de inscrición está aberto ata o 18 de xuño

A Concellería de Cultura de Barbadás organiza o III Paseo Literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”, unha cita que gaña máis adeptos en cada edición. Neste 2025, Ano Carmen Martín Gaite, o evento é, se cabe, máis especial.

Como é habitual, a ruta estará guiada por David G. Couso, quen achegará aos participantes á vida e obra da autora. Nesta ocasión, contaremos coa actuación da Banda Cultural Barbadás, e cada persoa inscrita recibirá un agasallo do Concello.

O punto de encontro é o centro social San Lourenzo de Piñor, ás 9,45 horas do próximo 21 de xuño.

As inscricións realízanse ata o 18 de xuño, aquí.

Novas

CONTENT.1770878557

SINGLE.1770878557