29/07/2020
Superxoves no Comercio Local de Barbadás: máis horarios, máis ofertas

O CONCELLO DE BARBADÁS PON EN MARCHA UNHA INICIATIVA PARA REACTIVAR O COMERCIO LOCAL COA APERTURA DE COMERCIOS OS XOVES ATA AS 22,00 HORAS
Esta campaña de Súper-Xoves terá lugar desde Mañá dia 30 ata finais de setembro.
- A concelleira de Comercio, Marga Pérez, explica que se trata de unha “iniciativa para reactivar o comercio local do nosos concello , día de ofertas con máis horário para facilitar ás compra, coidando especialmente as medidas de seguridade sanitarias”.
- Neste primeiro xoves, día 30 de xullo, participan 12 establecementos, aos que se unirán para o seguinte xoves moitos mais.
- Esta campaña de Súper-Xoves terá lugar desde Mañá dia 30 ata finais de setembro.
- É unha iniciativa da Asociación Centro Comercial Aberto A Valenzá en colaboración coa Concelleria de comercio de Barbadás.
- Listado de participantes no primeiro Superxoves do comercio local: Moda Bel, O Roupeiro de Uxía, Twins, Twins Men, O Gato con botas, Pillabáns, Samsara, Carussa Baby, La Cigüeña, Mimi Floristería, Discomovil L’evento, Gaia Contigo.