26/08/2020
Superxoves no Comercio Local de Barbadás o 27 de agosto
O COMERCIO LOCAL DE BARBADÁS OFRECERÁ MÁIS HORARIOS E MÁIS OFERTAS O XOVES 27 DE AGOSTO
O Concello de Barbadás apoia esta iniciativa para reactivar o comercio local coa apertura de comercios ata as 22,00 horas
- O xoves 27 de agosto participan un total de 13 establecementos comerciais: Zocos, Librería A Valenzá, Samsara, Gaia contigo, Twins, Twins men, Pillabáns, Carussa baby, Gato con botas, Bel, La Cigüeña, Más que un sueño e O Roupeiro de Uxía.
- É unha iniciativa da Asociación Centro Comercial Aberto A Valenzá en colaboración coa Concelleria de Comercio de Barbadás.
- Marga Pérez, concelleira de Comercio, explica que se trata de unha “iniciativa para reactivar o comercio local do nosos concello: día de ofertas, con máis horário para facilitaras compras, coidando especialmente as medidas de seguridade sanitarias”.