Arquivo da etiqueta: Abel Cortés

04/05/2023

O Concello de Barbadás solicita ao Consello Superior de Deportes a ampliación do polideportivo no Paseo dos Amieiros

O presidente da Fundación Deporte Xove do Consello Superior de Deportes, Félix Jordán, visitou esta mañá o concello de Barbadás e anunciou unha nova liña de subvencións que se fará pública a mediados de ano. As axudas destinaranse a proxectos deportivos nos que se valorará a sostenibilidade. Nesta liña englobaranse as demandas do concello relativas á creación dunha zona de ocio coa ampliación do polideportivo. Construiríase así un novo ximnasio con días salas e vestiarios, liberando a actual pista e ximnasio, que pasaría a ser unha zona de tatami para a escola de Kung FU e diferentes actividades. No encontro tamén estivo presente o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a tenente de alcalde, Victoria Morenza, e o concelleiro de Deportes. Abel Cortés.

Félix Jordçam visita BarbadMediante esta liña de subvencións poderán concederse ata un máximo de 600.000 euros. Estableceranse criterios de valoración obxectivos que indicarán a cantidade que se pode destinar a cada proxecto. A idea é poder manter o convenio entre a Deputación, a Xunta e o Concello establecido en reunións anteriores cun porcentaxe de financiamento do 40 %, 40% e 20%, respectivamente. A intención do executivo local é que así se poida executar unha fase do proxecto coa subvención aportada polo Consello Superior de Deportes e a parte pendente con cargo a ese convenio a tres bandas, liberando ao concello da súa aportación ou reducíndoa.

Esta actuación suporía unha nova mellora nos espazos deportivos de Barbadas, neste caso centralizada na zona da Calzada Romana, no Paseo dos Amieiros.

 

Novas, , , ,

CONTENT.1714055764

24/03/2023

Barbadás será capital galega das artes marciais con 200 nenos e nenas competindo no Campionato escolar de Kung-Fu

O club local desta disciplina leva funcionando desde o ano 95 e participará nesta competición con 12 deportistas

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e o concelleiro de Deportes, Abel Cortés, acompañados de Alfonso López, director do campionato e responsable do Club de Kung-Fu Barbadas, presentaron esta mañá o XVll Campionato de Galicia Escolar Individual de Kung – Fu,  que se celebrará este sábado a partir das 17:00 h no Polideportivo de Barbadás.

Valcárcel sinalou o orgullo que significa para Barbadás que se leve celebrando desde hai tantos anos, desde 2008,  este campionato no noso concello e destacou o compromiso do seu goberno coa promoción do deporte, especialmente en idades temperás,  poñendo o acento no clube de fútbol UD de Barbadás.

O alcalde fixo un breve percorrido pola historia do clube de Kung-Fu Barbadás, que leva funcionando desde o 95, e que desde esa data participou en numerosos campionatos, resultando galardoado en moitísimas ocasións. Actualmente a escola conta con 50 alumnos e alumnas de distintas idades, desde os 5 ata os 18 anos.

Pola sua banda, o concelleiro de Deportes, Abel Cortés, eloxiou a boa organización que demostra  cada ano a Federación Galega de Kung-Fu todos os anos na organización deste evento, ao que a escola de Kung-Fu Barbadás aporta, ano tras ano, unha nutrida representación.

Alfonso López concretou, seguindo o argumento,  que serán 12 as nenas e nenos pertencentes ao clube de Barbadás os que participen este sábado no campionato, cunha expectativa elevada de obter bos resultados, como ten ocorrido nos anteriores.

O director do campionato sinalou que nesta edición participan arredor de 200 deportistas, con idades comprendidas entre os  8 e 21 anos, pertencentes a trece clubes de toda Galicia.

 

Emprego público, Novas, , ,

CONTENT.1714055764

16/03/2023

Barbadás ampliará o polideportivo cunha cuberta na planta superior para atender a demanda dunha poboación que non para de medrar

En contra da tendencia da curva demográfica da maioría dos municipios da provincia de Ourense, Barbadás medra e tamén medran as súas necesidades. O goberno local, encabezado polo alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, consciente deste incremento poboacional tenta cubrir esas necesidades con novos servizos e infraestruturas ou ben ampliando as existentes.

Este último é o caso do proxecto presentado hoxe, xunto ao concelleiro de Deportes, Abel Cortés, e un dos arquitectos de maior prestixio do país,  Alfredo Freixedo Alemparte, que firma a ampliación sostible do Polideportivo municipal da localidade, que gañará preto de 700 metros cadrados, ofrecerá novas instalacións e servizos e mellorará a súa accesibiliade.

Valcárcel explicou que “o obxectivo é a ampliación dun Polideportivo que ten case 12 anos e que se fixo pensando en pequeno, sen contar co que está a ocurrir en Barbadás durante os últimos anos, que é o seu continuo crecemento poboacional”, o que xa ten situado a Barbadás por enriba de moitas vilas históricas da provincia.  Engadiu, ademáis, que “a veciñanza do noso concello é moi nova,  ten inquedanzas deportivas e demanda infraestruturas e servizos que desde o goberno local queremos atender”.

O proxecto de ampliación, tal e como relatou o alcalde, ten compromisos firmes de financiación, estando so pendiente da convocatoria do plan marco de infraestructuras deportivas da Xunta de Galicia. O primeiro compromiso foi do anterior presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o último, do presidente da Deputación, Manuel Baltar. Así, a Xunta aportará 40% do orzamento, a mesma porcentaxe que a Diputación, correspóndendolle ao Concello o 20% restante”.

Asegurada a financiación, o alcalde de Barbadás presentou hoxe este proxecto como “un compromiso cumprido e previamente adquirido coa cidadanía” e un exemplo dos beneficios da colaboración entre institucións. Precisamente, en este aspecto, o goberno local de Barbadás está ser un exemplo, pois onte mesmo presentou outro proxecto elaborado e impulsado conxuntamente cos concellos de San Cibrao e A Merca para actuar sobre os espazos fluviais dos tres municipios.

O concelleiro de Deportes, Abel Cortés, asegurou que esta ampliación “cubre unha gran demanda e unha gran necesidade da veciñanza de Barbadás” e engadiu que “as instalacións actuais  estanse a quedar pequenas para o noso Concello tendo en conta os polo menos 800 usuarios que utilizan as instalacións deportivas”.

O arquitecto que desenvolveu o proxecto, Alfredo Freixedo Alemparte, explicou polo miúdo as obras que se contemplan e dixo que “se trata de intervir na cuberta do mesmo para unha ampliación de volume do polideportivo cunha  estrutura lixeira. O uso adicarase a actividades deportivas, actualmente moi demandadas polos cidadáns de Barbadás e concretamente no núcleo máis poboado e próximo ao polideportivo, que é A Valenzá”.

No proxecto contémplase una ampla zona de vestiarios e duchas, un ximnasio, unha sala de usos múltiples para danza e práctica de ximnasia dirixida e unha zona cuberta aberta con acceso ao final do corredor de comunicación.

Inclúe tamén a instalación de climatizadores, bombas de calor con aerotermia ou paneis solares, nunha aposta pola sostibilidade da instalación.

Novas, , , , ,

CONTENT.1714055764