Arquivo da etiqueta: Banda ancha

21/04/2023

Barbadás acelera a chegada da banda ancha aos barrios de Piñor que se atopaba nunha zona de sombra e sen cobertura

Tras meses de xestións coa dirección de Comunicacións e con Telefónica, solvéntanse as fallas de internet que dificultaban estudar, traballar ou a creación dunha empresa

O Concello de Barbadás tramita a licencia para a instalación de banda ancha nos barrios de Barxa e Pista de San Benito, ambos en Piñor, despois de meses de xestións iniciadas a raíz da demanda da propia veciñanza, que levaba tempo con problemas para acceder a internet e de cobertura móbil.

Para elo, o Concello mantivo conversas e negociacións tanto coa dirección xeral de Comunicacións como coa empresa de telefonía, ata que finalmente acadaron unha solución que se estivo demorando durante máis tempo do esperado, sen que tal demora poda ser atribuída ao Concello, pero pola que pide igualmente desculpas aos afectados.

Segundo lle trasladou persoalmente a tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza, ao director xeral de Telefónica en Galicia, “a veciñanza do barrio da Barxa tiña transmitido en reiteradas ocasións incidencias con relación ao servizo, pois so dispoñen de liña móbil e se atopan nunha zona de sombra, sen cobertura”. Morenza advertiu, ademais, que “neste barrio residen estudantes e persoas que tele-traballan, ademais que que se vai crear un negocio telemático”. Como consecuencia destas e outras comunicacións, finalmente Telefónica elaborou o proxecto, que xa presentou no Concello e se executará en breve, para levar a banda ancha a ambos barrios e para o que será preciso a instalación de 13 postes de fibra de vidro e unha canalización soterrada de preto de 800 metros, entre ambos proxectos.

Esta actuación enmárcase dentro do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión (UNICO), que busca facilitar o acceso universal á banda larga ultra rápida e a extensión do 5G en todo o territorio nacional. O obxectivo do programa é lograr unha cobertura de banda larga de 100 Mbps para o 100% da poboación en 2025, como parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e da Axenda España Dixital. Con esta actuación nestes  barrios de Piñor, o concello de Barbadás está xa preto de esa cobertura do 100% do seu territorio.

Novas, ,

CONTENT.1719213620