Arquivo da etiqueta: centro de información á muller

27/02/2023

Cen mulleres atoparon atención no CIM de Barbadás no último ano, 70 por violencia de xénero

Servizos en Barbadás

CIM de Barbadás: de esqu. a der. o asesor xurídico José Manuel Fernández Soto, a psicóloga Mónica González Freire, a directora do cim e técnica en Igualdade María González Armada e a concelleira de Igualdade Elisabet González Nistal

O Centro de Información á Muller de Barbadás atendeu dende abril de 2022 a marzo de 2023 un cento de mulleres ás que deu asesoramento xurídico, atención psicolóxica e acompañamento en cada situación concreta, que para 70 delas foi de violencia de xénero.

  • A concelleira de Igualdade, Elisabet González Nistal, tamén o é de Servizos Sociais, Sanidade e de Participación Veciñal, e lembra cando tomou posesión como responsable das áreas, con “moita ilusión” porque aínda que xa existían e quedou moito traballo iniciado, plantexouse “abordar novos programas, sobre todo despois da acollida marabillosa dos diferentes equipos de traballadores”.

 

  • No eido da Igualdade Elisabet ten como “máxima prioridade” seguir traballando por ela e na prevención da violencia de xénero. Nese eido, creouse en 2021 a mesa de coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero que se reúne 2 veces o ano (a seguinte será en abril) e deuse pulo a participación veciñal no mesmo eido.

 

  • Así, os locais veciñais acollen todo tipo de actividades e entre elas hai talleres de risoterapia, ximnasia, de memoria, de manexo de teléfonos móbiles “intelixentes” (os smartphones), elaboración de conservas e xabóns…

 

  • Agora, o equipo de Igualdade (que podedes ver na primeira foto) ultima o programa para dar visibilidade a loita contra a violencia de xénero, centrada no día 8 de marzo pero estendida, cada ano máis, ao resto do mes.Instalacións do CIM de Barbadás, Barbadás 18/02/23 foto Rosa Veiga

 

“Igual é máis, = é + ” será o lema

  • O programa de actividades polo 8M terá presentación oficial nuns días e incluirá teatro, obradoiros escolares, una conferencia da so nos din que será “moi moi interesante e sorprendente”, e unha actividade que porá en valor a mulleres relevantes nos seus eidos profesionais e laborais. Serán “a mostra de que cumplir os soños, para as novas xeracións, non está limitado nin para nenos nin para nenas”, detalla.

 

  • Haberá tamén un acto central o mesmo día 8 de marzo, na contorna da rotonda da Familia.

 

  • Esta e outras iniciativas parten do CIM, creado en 2019 despois da proposta do Servizo de Igualdade do momento, no que se contaba cunha Ordenanza municipal de Igualdade que contou cos grupos de mulleres, co entorno LGTBI e en colaboración cos centros educativos que hai no concello.

 

  • A apertura do CIM supuxo a contratación de persoal e alí están, dende 2019, a súa directora e Técnica municipal de Igualdade, María González Armada, a psicóloga Mónica González Freire e o asesor xurídico José Manuel Fernández Soto.

Centro de Información á Muller do Concello de Barbadás

Sensibilizar, programar e desenvolver

  • A técnica e directora María,  traballa no eido da Igualdade dende 2003, en diferentes institucións  e recalou en Barbadás en 2016, ao  crearse o Servizo de Igualdade.
    “O traballo foi intenso porque non había nada deste eido, así que comezamos a idea de sensibilizar socialmente e a programas e desenvolver actividades para visibilizar as situación de violencia de xénero e para previlas”, explica.

 

  • Froito dese traballo, dende o Servizo de Igualdade, fixéronse as xestións oportunas para o impulso e creación do Centro de Información á Muller, que iniciou a súa traxectoria no 2019.

 

  • No primeiro ano atendeuse a 30-40 mulleres “pero ano tras ano veñen moitas máis, non só de Barbadás senón que poden vir dende calquera lugar de Galicia”, engade.

 

  • Os eidos da atención que da o equipo do CIM inclúe asesoramento xurídico e laboral para persoas estranxeiras, para mulleres  que tramitan o seu divorcio, para acordar custodias, convenios reguladores, atención psicolóxica para calquera muller, tamén para a que está en mal momento anímico “e precisa acompañamento e adestramento sobre recursos emocionais para mellorar”.

 

  • No último ano foron 100 as que buscaron e atoparon atención no CIM de Barbadás, das que 70 o fixeron por estar en situación de violencia de xénero.

 

  • Pois  quedamos pendentes desa programación para este 8M.

 

  • Sabedes onde está o CIM de Barbadás? Na rúa dos Fornos nº 4, a carón da capela de San Mauro, no mesmo edificio que a asociación veciñal “A nosa aldea de Barbadás”, onde estaba o vello centro médico.
    Alí espérate un gran equipo se o precisas.
CIM Barbadás, na rúa dos Fornos. 24/02/23 foto Rosa Veiga
CIM Barbadás, na rúa dos Fornos. 24/02/23 foto Rosa Veiga

Barbadás Quéreo Viveo, CIM-Centro de Información á Muller, Novas, Servizos sociais, , ,

CONTENT.1713972766