Arquivo da etiqueta: Centro Social Sobrado do Bispo

07/05/2023

Barbadás proxecta a rehabilitación do Centro Social de Sobrado do Bispo

O Centro Social de Sobrado do Bispo, no que ensaia a coral,  é una construcción de 146 m2 que presenta varios problemas na súa estrutura e accesibilidade. Hai perda de encintado e rotura de vertaugas nas xanelas, humidades no teito e problemas no pavimento de madeira. Ademais, a instalación eléctrica non ten proteccións e non hai accesibilidade para persoas con discapacidade.

Para solucionar estes problemas, o concello, cun orzamento de casi 123.000 euros, proxecta unha serie de melloras que inclúen a renovación do acceso principal, a creación de novos aseos accesibles, a renovación da cuberta e a fachada, a renovación das instalacións eléctricas e de fontanería, e a instalación dun novo ceo raso con illamento térmico.
A fachada limparase e encherase con morteiro de cal graxo e area de río. O teito será continuo e estará formado por unha placa de xeso laminado de 12,5 mm de espesor aparafusada a unha estrutura metálica de aceiro galvanizado.

Estas melloras mellorarán significativamente a accesibilidade e a calidade do Centro Social de Sobrado do Bispo para os veciños e usuarios do edificio.

Novas, ,

CONTENT.1713593235