Arquivo da etiqueta: Compostaxe

19/03/2023

O Concello adica casi 130.000 euros a implantar un proxecto pioneiro na xestión da materia orgánica con 700 familias e 70 negocios

- En paralelo, reparte composteiros no medio rural para cubrir a demanda do 100% da veciñanza que os solicitaron

O Municipio de Barbadás leva anos a ser pioneiro na compostaxe individual. Por iso o Goberno local decide dar  un paso máis e poñer en marcha un plan de xestión de materia orgánica que ten dúas solucións segundo o tipo de vivienda: compostaxe individual para vivendas con parcelas e recollida selectiva, e en contedores marróns para a área urbana coa finalidade de chegar a finais de 2023 cumprindo os obxectivos marcados pola Unión Europea no que os índices de reciclaxe de residuos, tendo en conta que unha das fraccións máis importantes en canto a este cumprimento é a materia orgánica.

A tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos, entre os que se atopa a recollida de lixo, Victoria Morenza, explica en canto á fracción orgánica que “en canto a veciñanza toma a decisión de separar esta fracción, tamén está concienciada para realizar a separación do resto de fraccións. Hai que ter en conta que a fracción orgánica é a que máis peso ten, xunto co vidro, no conxunto das diferentes fraccións”.

O Concello de Barbadás xa ten realizado accións de compostaxe individual, co cal xa está iniciado o proceso de implantación e xa se lle trasmitiu á veciñanza no seu momento que este é o modelo escollido para o rural e para certas áreas do casco urbano.

Programa de compostaxe doméstica na Valenzá

A implantación do programa de compostaxe doméstica na Valenzá inclúe a entrega de 700 caldeiros aireados de 10 litros de capacidade de cor marrón, resistente a altas e baixas temperaturas, ao deterioro dos raios ultravioletas e aos axentes químicos e biolóxicos.

Estes caldeiros están fabricados con polo menos un 70 por cento de material reciclado e contarán con peche de seguridade antivertido na tapa, ademáis de ser totalmente aireado e cunha garantía de dous anos.

Morenza sinala que “se entregarán tamén máis de 2.000 atados de bolsas compostables de uso doméstico de 10 litros de 42 x 45 centímetros, nos que cada rollo contén 30 bolsas, que estarán elaboradas con materiais naturais”.

O proxecto abrangue tamén aos grandes produtores, é dicir, empresas que producen materia orgánica: restaurantes, supermercados, panaderías, etc. Segundo as estimacións poden chegar a participar neste proxecto 70 grandes produtores, engade a tenente alcalde.

As 700 familias que participaran no periodo voluntario supoñen arredor do 25 % nos primeiros anos. “Cada unha de estas familias vai producir arredor de media tonelada de materia orgánica ao ano, un residuo que será recollido 3 días á semana” sinala Morenza.

Para poder levar a cabo a implantación do sistema de recollida do contedor marrón é necesario dispoñer de un sistema de transporte, polo que será necesario proceder á modificación do contrato da empresa adxudicataria. A Xunta de Galicia non conta por agora con unha planta de tratamento de este tipo de residuos, motivo polo que provisionalmente a materia orgánica de Barbadás será transportada á planta de Leiro.

A posta en marcha deste sistema implica un gasto anual de 130.000 euros, 70.000 en transporte, que serán asumidos polo Concello, en tanto que a implantación, contedores, material, campañas divulgativas, accións de seguemento, etc, son financiadas pola Xunta de Galicia.

Campaña de reparto de composteiros no medio rural

Paralelamente á posta en marcha da recollida de materia orgánica coa instalación de contedores marróns e a entrega de caldeiros domésticos, está a desenvolverse unha campaña de reparto de composteiros no medio rural para o tratamento e xeración no ámbito doméstico de materia orgánica.

As persoas que participan nesta iniciativa reciben un kit de compostaxe, que conta con un aireador, unha malla antirroedores para colocar na base do composteiro e un manual.

A participación inclúe unha primeira visita de montaxe e formación e, unha segunda visita varias semanas despois para axudar na mellora de pequeñas cuestións a melloar e aclarar dúbidas. Segundo as estatísticas unha vez posto en funcionamento o composteiro, o 92 % das instalación terán producción de compost uns 5 meses despois da súa instalación.

Segundo Victoria Morenza “a introducción da fracción orgánica, socialmente é un feito equiparable ao que no seu momento supuxo a introducción do contedor amarelo”.

Para realizar a recollida hai que ter en conta que a materia orgánica non se pode compactar e o camión só pode recoller materia orgánica.

A cada familia colaboradora entregarase un kit que constará de un caldeiro aireado de 10 litros, 3 paquetes de bolsas compostables, un folleto e a chave do contedor marrón que estará na rúa.

Os aforros anuais iniciais coa posta en marcha deste sistema rondan os 30.000 euros, pola reducción do gasto de tratamento de residuos coa posta en marcha desta modalidade.

O pasado ano 2022 xa se puxo en marcha este plan coa distribución de 100 composteiras co seu correspondente kit de compostaxe (rede antiroedores, aireador e manual de compostaxe), e tamén levaron a cabo as primeiras accións divulgativas sobre a posta en marcha do recinto pechado. A papeleira marrón no núcleo de Valenzá pecharase e distribuiremos a cada casa un balde aireado, bolsas compostables e unha chave para abrir o colector, o obxectivo de pechalo é reducir os inapropiados, xa que a materia que se recolla levarase a unha planta de compostaxe.

Victoria Morenza explica que “neste ano 2023 xa iniciamos a distribución de 80 compostadores novos, 50 deles grazas á axuda que recibimos da Xunta de Galicia e 30 máis facilitados por Sorgama, con esta nova distribución cubrimos as 180 solicitudes que temos a día de hoxe. Tamén este ano esperamos iniciar canto antes a recollida selectiva de materia orgánica no núcleo de A Valenzá, para o que iniciaremos a distribución de chaves canto antes.

“Con este proxecto, o noso Concello será pioneiro na recollida selectiva de materia orgánica na provincia de Ourense, o que esperamos fáganos cumprir a normativa europea, estatal e galega sobre residuos”, rematou a tenente alcalde.

Novas, , , ,

CONTENT.1714043274