Arquivo da etiqueta: Concello de Barabdás

21/06/2023

Barbadás, un dos primeiros concellos en ter o seu rueiro aliñado co Catastro

O Concello de Barbadás ven desenvolvendo, de forma ininterrompida desde o ano 2008, unha serie de traballos encamiñados á actualización e mantemento do rueiro municipal. Esta iniciativa, na que traballou con gran implicación a concelleira socialista, Victoria Morenza, e levada a cabo con éxito grazas á colaboración de diferentes departamentos municipais, como o de Padrón e Urbanismo, sitúa ao concello como un dos primeiros da provincia en depurar e coordinar o rueiro coa Dirección Xeral do Catastro.

No inicio deste proceso, realizouse un labor exhaustivo de creación de novas vías debido ao crecemento do municipio, así como a numeración dos inmobles que se atopan fronte a estas rúas en todo o termo municipal. Ademais, renumeráronse diversas rúas como consecuencia dese crecemento urbano, o que requiriu unha actuación necesaria para a correcta identificación das mesmas.

Como resultado destes esforzos, elaboráronse os primeiros planos do rueiro municipal, que non só proporcionaron servizo aos diferentes departamentos do concello, senón tamén ao Instituto Nacional de Estatística e ao Catastro.

Unha vez consolidado este avance, no ano 2019 procedeuse á actualización do rueiro na zona norte do municipio, a cal experimentou un notorio crecemento poboacional. “Esta fase permitiu adaptalo ás necesidades cambiantes da comunidade e garantir a súa precisión e funcionalidade”, explica Morenza.

No ano 2022, retomáronse os traballos co obxectivo de completar a actualización no resto do concello. Victoria Morenza destaca que “o resultado deste esforzo é un rueiro plenamente actualizado ata maio de 2023, que reflicte fielmente a estrutura viaria e as súas denominacións no municipio de Barbadás”.

A fase final deste proxecto consiste na coordinación do rueiro coa Dirección Xeral do Catastro, mediante a implementación dun novo formato de intercambio capaz de corrixir e actualizar a base de datos catastral de acordo cos datos proporcionados polo propio Concello. Esto permitirá que os cidadáns poidan consultar, a través da Sede Electrónica do Catastro, non só a localización e referencia catastral das súas propiedades, senón tamén a dirección tributaria correcta e coherente cos datos municipais.

Novas, ,

24/05/2024

Lista de admitidos e excluidos para curso 2024-2025 da Escola Infantil Municipal

Lista de admitidos e excluidos Escola Infantil Municipal para curso 2024-2025

23/05/2024

Campamento lúdico de inglés verán 2024

Prazo inscrición: 24 de maio - 31 de maio.

20/05/2024

Listado provisional Barbadás Concilia Verán 2024

Prazo de pago: 20-24 de maio

CONTENT.1716605567