Arquivo da etiqueta: Generación D

19/04/2023

Mellora as túas habilidades dixitais co programa itinerante “Generación D” en Barbadás

O programa itinerante “Generación D” de Radio Televisión Española chegou  a Barbadás, nun esforzo por fomentar e mellorar as competencias dixitais básicas entre a poboación. Este é un programa importante que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Gobierno de España, que percorrerá diferentes comunidades autónomas con seis unidades móbiles expositivas durante 10 meses. En Barbadás, estará presente na Praza dá Valenzá durante os días 17, 18 e 19 de abril.

Este programa é unha oportunidade única para mellorar as habilidades dixitais e estar ao día coas últimas tendencias en tecnoloxía. É importante destacar que esta iniciativa é totalmente gratuíta e que todos os cidadáns están convidados a participar.

As unidades móbiles contan cun espazo expositivo e didáctico de 50 m2, que tamén é accesible para persoas con mobilidade reducida. Ademais, contan con recursos audiovisuais e multimedia para realizar actividades, talleres e sesións formativas impartidas por educadoras especializadas cunha duración aproximada de 60 minutos. Durante o horario de atención ao público, que é de 10.30 a 14.00 horas pola mañá e de 16.00 a 19.30 horas pola tarde, os asistentes poderán gozar das actividades e talleres que se levarán a cabo.

No autobús, que se atopa na Valenzá enfrente ao Mercadona,  os asistentes serán atendidos por Sandra e Luciana, dúas magníficas  expertas en novas tecnoloxías que farán que gocen do percorrido que ofrece o programa.

Entre as actividades que se levan a cabo nas instalacións atópanse un Smartphone xigante onde se aprenderá a facer fotos e poderás  recibilas, enviadas por tí,  no teu propio teléfono, ademáis de a aplicación Google Maps e outras funcións como a axenda teñefónica etc etc.

Tamén atoparedes unha asistente virtual chamada “Eva”, que contestará as preguntas sobre as novas tecnoloxías que se lle fagan, poderás  rexistrarte  a cursos gratuitos cos que poderás obter un título homologado, e unha escape room que propoñerá varias probas, coas súas correspondentes pistas, para poder superar o xogo.

 

Ao rematar o percorrido, algo moi doado, Sandra e Luciana regalanche un Pop Socket para o teu teléfono de Radio Televisión Española.

O programa “Generación D” é unha iniciativa moi interesante que promove a aprendizaxe e a mellora das competencias dixitais básicas na sociedade española. Ademais, é unha gran oportunidade para aqueles que queren estar ao día, no que respecta a tecnoloxía, e mellorar o seu coñecemento nesta área.

A mellora das competencias dixitais é crucial na actualidade, xa que estamos inmersos nunha era dixital na que a tecnoloxía  é fundamental na maioría dos aspectos da nosa vida. Desde o traballo ata o entretemento, pasando pola comunicación e a aprendizaxe, a tecnoloxía está presente en todo o que facemos. Por tanto, é fundamental que todos teñamos un coñecemento básico das ferramentas dixitais e saibamos como utilizalas de maneira efectiva.

O programa itinerante “Generación D” é unha iniciativa moi interesante que promove a aprendizaxe e a mellora das competencias dixitais básicas.

Eventos, Novas, , ,

CONTENT.1714009633