30/10/2024
Uxía Romero, un orgullo para Barbadás no Campionato de Europa Junior de Halterofilia
Uxía Romero Saco, barbadesa de 19 anos, converteuse onte na Subcampioa de Europa de Halterofilia Junior na competición celebrada na cidade polaca de Raszyn. Ademais, tamén gañou a medalla de bronce na modalidade de dous tempos.
A semana pasada, a través do alcalde e en nome de toda a veciñanza, trasladámoslle desde o Concello todo o noso ánimo, forza e sorte antes de partir cara Polonia ao Campionato.
Agora queremos compartir o seu espectacular resultado con todos os veciños e veciñas Barbadás, á espera de poder felicitala persoalmente.
Unha vez máis, parabéns Uxía.
En Barbadás agardámoste cheos de orgullo e compartindo a alegría que nos das.