18/05/2023
Barbadás ten á disposición dos seus veciños un amplo programa de formación e orientación laboral
Na Aula Tecnolóxica da Solaina - A Valenzá
O concello de Barbadás, en colaboración co Ministerio de Educación e Formación Profesional, ten en funcionamiento desde o 17 de marzo a AULA MENTOR, un programa de formación non reglada que ten como obxectivo mellorar as competencias persoais e profesionais das persoas maiores de 18 anos.
- Este programa oferta máis de 200 cursos de distintas áreas formativas, como administración e xestión, idiomas, informática, comercio e marketing, deseño e artes gráficas, emprendemento, entre outros.
- Ademais, a partir do 17 de marzo, a Unidade de Orientación Laboral, situada no Parque da Solaina, traballa coordinada co Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), os Servizos Sociais e os centros educativos da zona para facilitar a procura de emprego e a mellora da empregabilidade a través de obradoiros e titorías individuais.
- Desta maneira, o Concello pon á disposición da veciñanza unha ampla oferta formativa e unha unidade de orientación laboral que permitirá ás persoas interesadas mellorar a súa formación e aumentar as súas oportunidades laborais.
- A AULA MENTOR está situada na Aula Tecnolóxica do Parque da Solaina (A Valenzá).
Teléfono de contacto: 680 344 873
Horario: de 9:30 a 14: 00 e de 16:00 a 19:00 h.