Arquivo da etiqueta: Parque da Liberdade

11/10/2024

O paseo do Parque da Liberdade estrea novo aspecto para ser máis accesible en cadeiras de rodas ou carros de bebés

O paseo do Parque da Liberdade muda definitivamente de aspecto co remate esta mesma semana das obras de reforma levadas a cabo durante os últimos meses por parte de Construcciones Viso.

 

A actuación consistiu na eliminación das barreiras existentes para mellorar a accesibilidade a unha zona moi frecuentada polas familias da Valenzá, a carón da avenida de Celanova.  Para iso, retirouse o formigón existente, os sumidoiros e as raíces das árbores, formigonando de novo á vez que se colocaron novos sumidoiros e levantáronse as arquetas ata a cota do formigón, arranxando os tramos con lastras rotas.

 

Grazas a isto, hoxe é unha zona perfectamente accesible, especialmente para quen o faga en cadeira de rodas ou con carros de bebés.

 

“Agora pódese acceder con facilidade tanto dende o inicio coma dende o final do Parque. Isto favorece a mobilidade, accesibilidade e seguridade dos veciños e veciñas que pasean por esta zona”, valora Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Urbanismo, , , ,

CONTENT.1733906970