Arquivo da etiqueta: Plan Antifraude

13/02/2023

Barbadás, un dos concellos ourensáns pioneiros en transparencia, integridade e rigor na xestión dos fondos de recuperación e resiliencia

O Concello de Barbadás, en pleno ordinario celebrado este martes, aprobou o plan antifraude e as medidas que se aplicaran a todas as persoas implicadas na xestión de diñeiro público e, en concreto, a todas aquelas que teñan algún tipo de relación co deseño, xestión, elaboración ou execución dos proxectos que conten con financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

  • En definitiva, trátase de aplicar os mesmos criterios de transparencia, rigor, ética e integridade que a entidade local aplica con criterio xeral á xestión dos fondos propios, así como aos que percibe do resto de administracións.

 

  • O Plan prevé a realización dunha avaliación do risco, impacto e probabilidade de fraude nos procesos crave da execución dos fondos que se adxudiquen, así como a súa revisión anual e, en todo caso, no momento no que se detecte calquera caso de fraude ou a existencia de cambios significativos nos procedementos elixidos ou no persoal.

 

  • Ademais, tamén se definen as medidas preventivas adecuadas e proporcionadas, axustadas ás situacións concretas, para reducir o risco residual de fraude a un nivel aceptable e  prevé a existencia de medidas de detección axustadas aos sinais de alerta e define o procedemento para a súa aplicación efectiva.

A elaboración deste Plan Antifraude é unha das condicións que teñen que cumprir as Administracións que reciban fondos do Plan de Recuperación,Transformación y Resiliencia de Europa.

Barbadás traballa nunha liña de axudas no marco da Rede Española de Cidades Saudables

  • Barbadás presentou catro proxectos de melloras de parques amparados na recente adhesión deste Concello á Rede Española de Cidades Saudables.

 

  • Un dos proxectos é  a cubrición de dous parques infantís no Paseo dos Amieiros, na Valenzá; outro e a reforma integral da zona deportiva e de ocio infantil no Parque Lucinda, no Fonsillón; tamén traballan na proxecto de mellora e cubrición con velas do Parque do Viso para convertelo nun parque con graffitis en torno aos dinosauros, que se chamaría Dinoparque, e tamén a mellora e dotación de pavimento continuo de caucho do Parque do Fidalguiño en Sobrado.

Novas, ,

CONTENT.1713528445