Arquivo da etiqueta: Polideportivo de Barbadás

04/05/2023

O Concello de Barbadás solicita ao Consello Superior de Deportes a ampliación do polideportivo no Paseo dos Amieiros

O presidente da Fundación Deporte Xove do Consello Superior de Deportes, Félix Jordán, visitou esta mañá o concello de Barbadás e anunciou unha nova liña de subvencións que se fará pública a mediados de ano. As axudas destinaranse a proxectos deportivos nos que se valorará a sostenibilidade. Nesta liña englobaranse as demandas do concello relativas á creación dunha zona de ocio coa ampliación do polideportivo. Construiríase así un novo ximnasio con días salas e vestiarios, liberando a actual pista e ximnasio, que pasaría a ser unha zona de tatami para a escola de Kung FU e diferentes actividades. No encontro tamén estivo presente o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a tenente de alcalde, Victoria Morenza, e o concelleiro de Deportes. Abel Cortés.

Félix Jordçam visita BarbadMediante esta liña de subvencións poderán concederse ata un máximo de 600.000 euros. Estableceranse criterios de valoración obxectivos que indicarán a cantidade que se pode destinar a cada proxecto. A idea é poder manter o convenio entre a Deputación, a Xunta e o Concello establecido en reunións anteriores cun porcentaxe de financiamento do 40 %, 40% e 20%, respectivamente. A intención do executivo local é que así se poida executar unha fase do proxecto coa subvención aportada polo Consello Superior de Deportes e a parte pendente con cargo a ese convenio a tres bandas, liberando ao concello da súa aportación ou reducíndoa.

Esta actuación suporía unha nova mellora nos espazos deportivos de Barbadas, neste caso centralizada na zona da Calzada Romana, no Paseo dos Amieiros.

 

Novas, , , ,

CONTENT.1728677666