Arquivo da etiqueta: Rosalía de Castro

24/02/2023

Xosé Carlos Valcárcel: “Debemos defender dende o Concello o sentimento de patria, ao igual que fixo Rosalía de Castro”

A colocación da bandeira galega na pista de skate da Valenzá, un lugar “vistoso e senlleiro do concello” deu cumprimento ao acordo plenario do mes de decembro

A bandeira de Galicia xa ondea na pista de skate da Valenzá, no concello de Barbadás, onde esta mañá foi izada para dar cumprimento ao acordo plenario do pasado 22 de decembro. Deste xeito, materialízase a decisión unánime da Corporación para dar visibilidade ao símbolo que representa a todos os galegos e galegas. A intención do executivo local é colocar máis bandeiras nas parroquias de Barbadás.

 

Non foi coincidencia que este acto do izado da bandeira de Galicia coincidise co día de Rosalía de Castro. Así o explicou o alcalde, Xosá Carlos Valcárcel: “Aproveitamos esta data de homenaxe a unha muller que rompeu barreiras coa súa obra literaria. Ela potenciou o rexurdimento da lingua galega e hoxe é un día moi sinalado para os galegos e galegas”.

 

O rexedor explicou que se elixiu a pista de skate da Valenzá por ser un lugar “vistoso e senlleiro” do Concello de Barbadás e destacou que “a bandeira pretende representar o sentimento de patria, país e nación que é Galicia e que debemos defender dende o Concello como institución, ao igual que fixo Rosalía de Castro”.

bandera de galicia . Concello de Barbadás - Pista de skate

Concerto na Casa da Cultura

No acto interpretouse o “Himno de Galicia”  e os actos en homenaxe a Rosalía de Castro que organiza o Concello de Barbadás proseguirán esta tarde con máis música. Na Casa de Cultura Manuel María ofrecerase un recital do alumnado de piano. Será a partir das 20.00 horas.

 

Cultura, Novas, , ,

CONTENT.1730994612