Arquivo da etiqueta: Rúa Calzada Romana

21/04/2023

As festas de A Valenzá cambian de lugar para mellorar a seguridade, a accesibilidade e preservar o dereito ao descanso da veciñanza

O Centro Comercial Carrefour contribúe á comodidade das persoas dos asistentes ás festas cedendo o seu aparcamento ao Concello de xeito gratuíto

As festas patronais da A Valenzá que serán este ano os días 3, 9, 10 e 11 de xuño, que se viñan celebrando no Paseo dos Amieiros e na Rúa da Paz, terán este ano unha nova localización debido á necesidade de garantir a seguridade dos asistentes, a accesibilidade,  para respectar o dereito ao descanso da veciñanza, e para evitar os actos bandálicos que afectaban aos veciñas e veciños e que en moitos casos causaban danos aos inmobles.

Despois de estudar todas as opcións compatibles co tráfico rodado, a mobilidade do público, o descanso dos veciños e a seguridade dos asistentes, e seguindo as recomendacións do informe de idoneidade de Protección Civil, decidiuse que as actuacións musicais das festas de A Valenzá trasladaranse á  Rúa 17 de Maio, no tramo comprendido entre a rotonda de Carrefour e o Polideportivo Municipal, á outra marxe do río. A alternativa para a circulación será pola  Avenida de Celanova.

Ademais, as atraccións de feira instalaranse na Rúa 17 de Maio e na Rúa Calzada Romana, segundo o seu tamaño.

O Centro Comercial Carrefour contribúe á comodidade do público asistente ás festas cedendo o seu aparcamento ao Concello de xeito gratuíto.

No entorno do Paseo dos Amieiros, onde se celebraron as festa ata o de agora, residen arredor de un milleiro de persoas, existindo ademais un centro parroquial, onde se celebran misas e outros oficios  relixiosos e actividades formativas.

Como todos os anos, o Concello de Barbadás agarda este ano unha afluencia masiva a unha celebración popular e moi concorrida, o que ampara esta cambio de ubicación: por un lado garantir a accesibilidade e por outro minorar as molestias.

O Concello quere agradecer á Comisión de Festas o seu traballo e dedicación para que estos festexos sexan un rotundo éxito.

 

Novas, , ,

24/05/2024

Lista de admitidos e excluidos para curso 2024-2025 da Escola Infantil Municipal

Lista de admitidos e excluidos Escola Infantil Municipal para curso 2024-2025

23/05/2024

Campamento lúdico de inglés verán 2024

Prazo inscrición: 24 de maio - 31 de maio.

20/05/2024

Listado provisional Barbadás Concilia Verán 2024

Prazo de pago: 20-24 de maio

CONTENT.1716599510