Arquivo da etiqueta: ´Victoria Morenza

12/10/2024

As obras de mellora do firme nas Rúa Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato chegan ó seu tramo final

  • Os traballos de aplicación do aglomerado remataron, restando agora a realización dos traballos de pintado

As obras para a rehabilitación do firme nas rúas Alvaredo, Principal de Loiro e Lameiro do Mato están a piques de finalizar. A falta dalgúns detalles, como o pintado, o groso das reformas xa está feito unha vez quedou aplicado o aglomerado.

Os traballos foron realizados pola empresa Extraco e coa financiación do Plan Provincial de Cooperación de Obras. Trátanse dunhas obras moi demandadas pola veciñanza da zona.

“A falta dalgúns detalles, as obras están xa no tramo final. Escoitamos as peticións dos veciños e veciñas e tentamos de pór solucións aos problemas que máis lles afectan na súa vida diaria”, explica a tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza.

Con este e outros proxectos como o de Pavimentación do Camiño do Barro, o Concello de Barbadás pon de manifesto a súa vontade e compromiso de dotar aos distintos núcleos do municipio dunhas infraestruturas dignas, mellorando así a calidade de vida das veciñas e veciños, así como preservar as condicións medioambientais deses lugares.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Urbanismo, , , ,

CONTENT.1736843525

11/10/2024

O paseo do Parque da Liberdade estrea novo aspecto para ser máis accesible en cadeiras de rodas ou carros de bebés

O paseo do Parque da Liberdade muda definitivamente de aspecto co remate esta mesma semana das obras de reforma levadas a cabo durante os últimos meses por parte de Construcciones Viso.

 

A actuación consistiu na eliminación das barreiras existentes para mellorar a accesibilidade a unha zona moi frecuentada polas familias da Valenzá, a carón da avenida de Celanova.  Para iso, retirouse o formigón existente, os sumidoiros e as raíces das árbores, formigonando de novo á vez que se colocaron novos sumidoiros e levantáronse as arquetas ata a cota do formigón, arranxando os tramos con lastras rotas.

 

Grazas a isto, hoxe é unha zona perfectamente accesible, especialmente para quen o faga en cadeira de rodas ou con carros de bebés.

 

“Agora pódese acceder con facilidade tanto dende o inicio coma dende o final do Parque. Isto favorece a mobilidade, accesibilidade e seguridade dos veciños e veciñas que pasean por esta zona”, valora Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás.

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Urbanismo, , , ,

CONTENT.1736843525

10/10/2024

A obra no saneamento e pluviais da rúa do Viso mellorará o acceso ao centro da Valenzá para a lo menos 3.000 persoas

  • Este vial, que tamén da acceso ao Mercadona, é de uso habitual para a veciñanza de Finca Fierro, Cabeza de Vaca, Parada ou Piñor

As obras de mellora da rede de saneamento na rúa do Viso, cun orzamento de algo máis de 66.000 euros e que comezaron a semana pasada, suporán tamén unha importante mellora na accesibilidade ao centro da Valenzá desde Finca Fierro, Cabeza de Vaca, Parada ou Piñor, pois incorpora tamén un novo firme para este vial, que será reaglomerado.

Esta zona, moi habitada e frecuentada por veciños e veciñas de outros lugares do municipio, pois tamén se atopa o Mercadona, sofre problemas de acumulación de agua en épocas de choiva pola falta de capacidade de desaugue.

O obxectivo da actuación é precisamente aumentar a eficiencia do sistema de saneamento, pero non o único, pois tamén mellorá a mobilidade e a seguridade viaria nesta rúa.

As obras inclúen a instalación de preto de 75 metros de tubaxes de PVC de maior capacidade que as actuais, así como a construción de seis novos pozos de rexistro para mellorar a xestión das augas pluviais.

As pluviais serán canalizadas para evitar que prexudiquen a Rúa San Bernabé e os garaxes da zona, que sufrían inundacións cotiáns debido á inadecuada dimensión das tubaxes para a urbanización e poboación que agora mesmo ten a zona.

“Aumentaremos o número e dimensión das tubaxes para poder recoller adecuadamente as pluviais e confluír despois na rede xeral”, explica a tenente alcalde Victoria Morenza sobre as obras.

Así mesmo, tamén se acometerán outras actuacións dentro do marco deste proxecto, coma a demolición de bordos e pavimentos en mal estado, a renovación do mobiliario urbano afectado polas obras e a repavimentación da calzada.

“Imos aglomerar a Rúa do Viso, o que mellorará a accesibilidade e seguridade desa vía que ademais é a ruta de acceso para veciños de Finca Fierro, Cabeza de Vaca, Parada ou Piñor. Isto supón unha poboación dunhas tres mil persoas, moitas delas usuarias habituais desta rúa e que polo tanto tamén se beneficiarán das obras incluídas neste proxecto”, aclara a tenente alcalde Victoria Morenza.

A mellora do firme na Rúa do Viso únese ás melloras acometidas nos últimos anos na propia Travesía do Viso ou na rúa das Burgas.

O prazo de execución dos traballos é de tres meses, segundo o proxecto adxudicado.

“A nosa vontade é a de mellorar as infraestruturas públicas e dotar ós veciños e veciñas de equipamentos de calidade nas cuestións que afectan na súa vida diaria. É así como podemos mellorar a calidade de vida no concello e así é como o faremos”, explica sobre estas obras a tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza, que tamén destaca que “tal e como se recolle no proxecto, estas obras non só servirán para solucionar os problemas actuais que presenta a rede de saneamento, senón que contribuirá a previr futuras incidencias relacionadas coas choivas. Dese xeito, a vida útil das infraestruturas tamén aumentará”.

 

Infraestruturas/Obras/Servizos, Novas, Urbanismo, , , , , ,

CONTENT.1736843525

21/06/2023

Barbadás, un dos primeiros concellos en ter o seu rueiro aliñado co Catastro

O Concello de Barbadás ven desenvolvendo, de forma ininterrompida desde o ano 2008, unha serie de traballos encamiñados á actualización e mantemento do rueiro municipal. Esta iniciativa, na que traballou con gran implicación a concelleira socialista, Victoria Morenza, e levada a cabo con éxito grazas á colaboración de diferentes departamentos municipais, como o de Padrón e Urbanismo, sitúa ao concello como un dos primeiros da provincia en depurar e coordinar o rueiro coa Dirección Xeral do Catastro.

No inicio deste proceso, realizouse un labor exhaustivo de creación de novas vías debido ao crecemento do municipio, así como a numeración dos inmobles que se atopan fronte a estas rúas en todo o termo municipal. Ademais, renumeráronse diversas rúas como consecuencia dese crecemento urbano, o que requiriu unha actuación necesaria para a correcta identificación das mesmas.

Como resultado destes esforzos, elaboráronse os primeiros planos do rueiro municipal, que non só proporcionaron servizo aos diferentes departamentos do concello, senón tamén ao Instituto Nacional de Estatística e ao Catastro.

Unha vez consolidado este avance, no ano 2019 procedeuse á actualización do rueiro na zona norte do municipio, a cal experimentou un notorio crecemento poboacional. “Esta fase permitiu adaptalo ás necesidades cambiantes da comunidade e garantir a súa precisión e funcionalidade”, explica Morenza.

No ano 2022, retomáronse os traballos co obxectivo de completar a actualización no resto do concello. Victoria Morenza destaca que “o resultado deste esforzo é un rueiro plenamente actualizado ata maio de 2023, que reflicte fielmente a estrutura viaria e as súas denominacións no municipio de Barbadás”.

A fase final deste proxecto consiste na coordinación do rueiro coa Dirección Xeral do Catastro, mediante a implementación dun novo formato de intercambio capaz de corrixir e actualizar a base de datos catastral de acordo cos datos proporcionados polo propio Concello. Esto permitirá que os cidadáns poidan consultar, a través da Sede Electrónica do Catastro, non só a localización e referencia catastral das súas propiedades, senón tamén a dirección tributaria correcta e coherente cos datos municipais.

Novas, ,

CONTENT.1736843525

09/06/2023

Barbadás investirá 33.000 euros para mellorar a rede de abastecemento de auga en San Bieito, garantindo unha presión constante á veciñanza

O Concello de Barbadás, a través da concellería de Urbanismo e Infraestructuras, pilotada pola tenente alcalde, Victoria Morenza, realizará unha importante inversión para mellorar o sistema de abastecemento de auga en San Bieito, parroquia de Piñor, dando así resposta ás queixas persistentes dos veciños sobre a baixa presión da auga que provocou que nalgúns casos varios veciños se deran de baixa do servizo de augas.

Estas melloras representan un paso importante para a mellora dos servizos públicos locais, asegurando un subministro de auga fiable e eficiente para todos os residentes de San Bieito.

A inversión será de 33.000 euros, financiada con cargo á liña 2 do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local da Xunta de Galicia, e fará realidade un proxecto que contempla a construción dunha nova caseta que albergará un sistema de bombeo capaz de manter unha presión mínima de servizo de 3 bares en calquera punto da rede. Isto garantirá un abastecemento constante e fiable de auga potable para todas as vivendas da zona.

As características técnicas do proxecto son extensas e reflicten un compromiso claro coa mellora da infraestrutura local. A caseta, que se proxecta adosada ao depósito existente, albergará dúas electrobombas verticais de 1.15 Kw e un tanque de expansión de aceiro de 700 litros e 10 atmósferas.

A alimentación das bombas realizarase mediante unha acometida soterrada desde un poste existente fronte ao depósito regulador, garantindo así unha integración suave coa paisaxe local. No mesmo proxecto tamén se contempla a reposición do firme necesario para a instalación da tubaxe.

Alén diso, tamén se instalará unha chave de desaugue e unha boca de rego para permitir o baleirado e a limpeza da rede en caso de avaría. Ambas irán aloxadas dentro de cadanseu pozo de formigón en masa con tapa de aceiro.

Novas, , ,

CONTENT.1736843525

04/05/2023

O Concello de Barbadás solicita ao Consello Superior de Deportes a ampliación do polideportivo no Paseo dos Amieiros

O presidente da Fundación Deporte Xove do Consello Superior de Deportes, Félix Jordán, visitou esta mañá o concello de Barbadás e anunciou unha nova liña de subvencións que se fará pública a mediados de ano. As axudas destinaranse a proxectos deportivos nos que se valorará a sostenibilidade. Nesta liña englobaranse as demandas do concello relativas á creación dunha zona de ocio coa ampliación do polideportivo. Construiríase así un novo ximnasio con días salas e vestiarios, liberando a actual pista e ximnasio, que pasaría a ser unha zona de tatami para a escola de Kung FU e diferentes actividades. No encontro tamén estivo presente o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel; a tenente de alcalde, Victoria Morenza, e o concelleiro de Deportes. Abel Cortés.

Félix Jordçam visita BarbadMediante esta liña de subvencións poderán concederse ata un máximo de 600.000 euros. Estableceranse criterios de valoración obxectivos que indicarán a cantidade que se pode destinar a cada proxecto. A idea é poder manter o convenio entre a Deputación, a Xunta e o Concello establecido en reunións anteriores cun porcentaxe de financiamento do 40 %, 40% e 20%, respectivamente. A intención do executivo local é que así se poida executar unha fase do proxecto coa subvención aportada polo Consello Superior de Deportes e a parte pendente con cargo a ese convenio a tres bandas, liberando ao concello da súa aportación ou reducíndoa.

Esta actuación suporía unha nova mellora nos espazos deportivos de Barbadas, neste caso centralizada na zona da Calzada Romana, no Paseo dos Amieiros.

 

Novas, , , ,

CONTENT.1736843525

03/05/2023

O Concello adxudica a conversión dunha parcela residual do Ruxidoiro nun gran espazo natural para o ensino ao aire libre, teatro ou o xogo

O Centro educativo O Ruxidoiro, en Barbadás, transformarase co axardinamento e acondicionamento dunha zona verde no interior do centro, hoxe residual e sen uso algún. Cun orzamento de execución de máis de 13.000 euros, o proxecto, que xa foi adxudicado,  afecta a unha superficie de 1.920 metros cadrados que actualmente está libre de edificacións, é  propiedade municipal e  atópase  infrautilizada.

O obxectivo é poñer en valor unha zona que pode complementar e potenciar a actividade docente, así como o aspecto lúdico e de esparexemento no centro. Este novo espazo tamén poderá ser utilizado para a realización de actividades municipais, froito da colaboración entre o goberno local e a dirección do centro.

Para acadar este dobre obxectivo, contémplanse a construción dunha bancada corrida de madeira asentada sobre a topografía natural, facendo alusión aos teatros gregos. Esta bancada mirará cara a un espazo ovalado de area, no que se poderán realizar actividades teatrais, charlas e ensino ao aire libre o simplemente utilizar como espazo de xogo.

A actuación complétase cunha estacada de travesas que configurará unha sorte de cabana para usos varios (desde camerino ata lugar para xogos o simplemente para gardar materiais varios ou ferramentas), bancos e plantacións vexetais que conxugarán árbores, arbustos, plantas e céspede.

Xosé Carlos Válcarcel encadra esta actuación como unha mostra máis da aposta do Concello pola creación das mellores condicións posibles tanto para a educación como para o ocio dos e das estudantes de Barbadás.

Para Victoria Morenza, tenente alcalde, é un exemplo de colaboración entre a dirección do centro e o Concello de Barbadás, que tamén utilizará este novo espazo para a realización de actividades municipais.

Novas, , , ,

CONTENT.1736843525

15/04/2023

O proxecto para converter Piñor en epicentro do centenario de Martín Gaite arranca cun roteiro literario

Será o pistolezo de saída, o próximo día 29, para unha serie de actividades e iniciativas mesmo urbanísticas e medioambientais que culminarán no ano 2025

Barbadás prepárase para acoller o ambicioso proxecto que busca converter Piñor no epicentro do centenario do nacemento de Carmen Martín Gaite. Arrincará o próximo 29 de abril cunha andaina literaria que percorrerá lugares que claramente son identificados na obra de Martín Gaite, de cando pasaba os veráns da súa infancia na localidade. O concello espera que esta actividade sexa o punto de partida para un ano cheo de eventos en honra á autora e que culmirá o próximo 2025 coa celebración do seu centenario.

Para participar na andaina literaria, os interesados poden apuntarse na páxina web do Concello no icono “Piñor, lugar literario”, seguindo as instrucións.

O proxecto, ademais de ter unha destacada implicación cultural, tamén contén derivadas urbanísticas, medioambientais, didácticas e literarias ao redor da figura da escritora e a súa obra.

Dende o Concello de Barbadás esperan que este proxecto poida impulsar o desenvolvemento da localidade, facendo fincapé na necesidade de coidar o medio ambiente e o patrimonio natural e cultural de Piñor.

2023-Banner- I Paseo literario Piñor - Carmen Martín Gaite

Esta andaina é o pistoletazo de saída de toda a traxectoria que se  vai iniciar co roteiro literario e que ten como punto de chegada o centenario do nacemento desta escritora universal, o próximo 2025. De feito, o alcalde de Barbadás e a tenente alcalde, Xosé Carlos Valcárcel e Vitoria Morenza, que capitanea este proxecto, xa mantiveron contactos ao máximo nivel co Ministerio de Cultura, que amosou un grande interese por sumarse e participar na organización deste centenario.

O proxecto ten como obxectivo dar a coñecer a figura da escritora Carmen Martín Gaite e a súa relación con Piñor, así como os tesouros agochados da zona. A  andaina do día 29 percorrerá  por primeira vez este roteiro literario.

Preténdese que o roteiro literario de Carmen Martín Gaite sexa un referente no turismo cultural e literario e que se estude nos centros educativos do municipio con unidades pedagóxicas específicas. Tamén se planea traducir ao galego as novelas que dunha ou outra maneira teñen relación con Piñor.

Novas, , , , ,

CONTENT.1736843525

10/04/2023

Adeus aos obstáculos nas beirarrúas da Valenzá

O obxectivo deste proxecto é adecuar as beirarrúas para que sexa viable a circulación de carriños de bebés ou de compra, persoas con mobilidade reducida cun orzamento de case 160.000 euros

Barbadás proxecta a reforma das beirarrúas na Valenzá. As obras teñen como finalidade solucionar os problemas de pendente en moitas das rúas do municipio. O obxectivo deste proxecto é adecuar as beirarrúas para que sexa viable a circulación de carriños de bebés ou de compra, persoas con mobilidade reducida, eliminando na medida do posible todos aqueles elementos que interrompen a circulación.

Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás, asegura que “o Concello de Barbadás segue traballando na humanización e recuperación de gradados en mal estado, consecuencia da especulación urbanística de anteriores gobernos”.

Esta recuperación e humanización pasa inicialmente por sustituir o pavimento de varias das beirarrúas de varias das zonas da Valenzá e proseguía coa recuperación do firme da Rúa das Burgas no entorno do Centro de Saúde e da Travesía do Viso”, engadiu.

Pola súa banda, Victoria Morenza, tenente alcalde e concelleira de Infraestrututuras, considera “un avance importante na accesibilidade a reforma das beirarrúas incluidas neste proxecto. A maior parte destas beirarrúas están ubicadas en lugares tradicionais da Valenzá e cuxos edificios e aceras están construidos dende hai máis de 30 anos. Este tipo de actuacións pretenden mellorar a accesibilidade e mobilidade da veciñanza e facilitar o tránsito peonil en lugares onde ata agora era dificultoso pola antiguidade das mesmas. Hai que ter en conta que boa parte da poboación que vive nestas rúas ten problemas de mobilidade”.

As dificultades fóronse resolvendo de maneira individual por parte tanto do concello como dos propietarios de solares e locais de planta baixa, o que levou á aparición de elementos de formigón ou metálicos para adaptar a pendente e facilitar o acceso a garaxes e locais en planta baixa, aparecen chanzos na beirarrúa, o que fai inviable o paso a toda persoa con mobilidade reducida, carriños de bebés ou de compra, e tendo en moitos casos que baixarse á calzada para poder pasar.

As obras que se realizarán son a realización de novas beirarrúas para a humanización dos percorridos peonís, tratando de minimizar as pendentes e adaptalas ás entradas de portais, locais, garaxes, etc.

A superficie total de actuación nas beirarrúas é de 1.805,10 m2 e o orzamento de execución por contrata é de 159.795,56 euros. Antes do comezo das obras retirarase todo tipo de mobiliario urbano e levará a cabo a retirada das beirarrúas e a escavación necesaria para a posterior construción das novas beirarrúas.

Colocaranse novas baldosas e eliminaranse os elementos que dificulten a circulación. Unha vez finalizadas as obras, procederase á colocación dos elementos de mobiliario urbano recuperados e garantirase a accesibilidade das novas beirarrúas para todas as persoas.

Ata o momento, as rúas de Salgueirños e Carris xa foron terminadas, mentres que en Picouto e Ensino atópanse na etapa final de execución. As seguintes zonas que serán obxecto destas melloras serán Areal, Bahamonde, Severo Ochoa e Garrida.

Novas, , ,

CONTENT.1736843525

01/04/2023

Barbadás comeza as obras de mellora da seguridade viaria na Rúa das Burgas e Travesía do Viso cun investimento de máis de 47.000 euros

Xosé Carlos Valcárcel destacou a importancia deste tipo de intervencións no programa de obras en viais que se están a executar en diferentes puntos do municipio

O Concello de Barbadás, no seu afán por mellorar a calidade de vida da súa veciñanza e a contorna na que viven, aprobou un proxecto para a mellora da capa de rodadura da Rúa das Burgas e Travesía do Viso (A Valenzá).

A concelleira de Infraestruturas e tenente alcalde, Vitoria Morenza, destacou a importancia desta actuación, “xa que estas dúas rúas son moi transitadas e necesitan unha intervención debido á deterioración do firme”.

O proxecto, redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Daniel Duran Arriero, propón o uso do aglomerado en quente como método de pavimentación máis adecuado e duradeiro no tempo pola súa alta calidade. A adxudicación da obra realizouse á empresa “Extraco Construccións e Proxectos S.A.” por ser a oferta economicamente máis vantaxosa.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a importancia deste tipo de intervencións no programa de obras en viais que se están a executar en diferentes puntos do municipio, “co obxectivo de mellorar a capa de rodadura en practicamente todos os núcleos”.

A obra terá un custo total de 47.078,68€ e espérase que mellore significativamente a seguridade viaria e o acceso ás vivendas nestas dúas rúas.

Ademais, esta intervención no firme evitará que no futuro téñanse que levar a cabo actuacións máis custosas para reparar a deterioración. A rexeneración do firme con aglomerado en quente é unha técnica que se utiliza cada vez máis na construción de estradas e rúas, xa que é un método moi efectivo e duradeiro.

Este tipo de intervencións son esenciais para garantir a seguridade viaria e a comodidade dos condutores e peóns, e para mellorar a calidade de vida no concello.

Novas, , , ,

CONTENT.1736843525

29/03/2023

Barbadás eríxese na capital do universo literario e vital de Carmen Martín Gaite de cara ao centenario do seu nacemento

Xosé Carlos Valcárcel: “Trátase dun proxecto transversal que afecta á cultura, ao patrimonio material e ao urbanismo, que ten un orzamento de máis de 1.300.000 euros e xa que espertou o interese do Ministerio de Cultura”

O acalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, xunto coa tenente alcalde, Victoria Morenza, e o escritor David González Couso, estudoso da figura e obra de Carmen Martín Gaite, presentaron esta mañá no Pazo de Lemos, en Piñor, o “Plan Director do Roteiro Carmen Martín Gaite en Piñor”.

O obxectivo é erixir a Piñor na capital do universo vital e literario dunha escritora universal, gañadora do premio Príncipe de Asturias das letras e unha das plumas más recoñecidas en lingua española e, ao tempo, máis descoñecida en Ourense pese aos seus estreitos vínculos con Piñor, un lugar que ocupa un lugar central na súa vida e na súa literatura.

A presentación deste ambicioso proxecto, que xa conta co aval inicial do Ministerio de Cultura, tivo lugar no Pazo de Lemos, no mesmo Piñor, que linda coa casa na que Martín Gaite pasou os seus veráns de nena. Uns veráns, unha casa, un pazo e una localidade que a marcaron para sempre. Por iso, tanto o alcalde como a tenente alcalde de Barbadás empezaron a presentación deste proxecto agradecendo aos propietarios e habitantes do Pazo de Lemos algo tan excepcional como que abriran as portas da súa morada para esta presentación.

Valcárcel explicou que xa se puxo en contacto co ministro de Cultura, Miquel Iceta, para trasladarlle o proxecto e que xa iniciaron contactos coa Dirección Xeral do Libro “porque están sumamente interesados neste proxecto”. “Un proxecto transversal que non so afecta á cultura se non tamén ao patrimonio material e ao urbanismo e que ten un orzamento de máis de 1.300.000 euros”, sinalou.

O alcalde tamén suliñou que se trata “dunha aposta en defensa do feminismo e do que representa Piñor na vida e obra de Martín Gaite”.

A tenente alcalde de Barbadás, Vitoria Morenza, destacou a relación entre a narrativa de Carmen Martin Gaite e o pobo de San Lourenzo de Piñor, en Barbadás. “Trátase dunha historia pouco coñecida, impulsada polo escritor David González Couso e o plan director elaborado polo periodista e investigador Luís Congil”, explicou.

O proxecto pretende dar a coñecer a figura de Carmen Martín Gaite e a súa relación con Piñor, así como os tesouros agochados da zona. “A fervenza do Pisco e o camiño dos Muíños, sobre os que xa existen proxectos de actuación, son dous dos principais tesouros de Barbadás que se queren destacar con esta proposta”, engadiu Morenza.

A tenente alcalde avanzou que “o pistoletazo de saída deste macroproxecto será en abril, co motivo do mes das letras galegas, e consistirá nunha andaina na que percorreremos por primeira vez esta ruta literaria, que é un dos obxectivos desde proxecto que hoxe presentamos”.

O centro de interpretación, no campo de Roma, será outro dos elementos máis destacados desde proxecto. Haberá unha serie de elementos con imaxes de xogos infantís e citas de Carmen Martin Gaite, así como o cilindro das letras que se instalará en Parada, na Capela de San Benito e na Cova de Lobo.

Tamén se instalarán bancos literarios en lugares estratéxicos dos itinerarios culturais, como na zona da Santa, onde está a Capela das Nieves, e á beira da casa na que Carmen Gaite pasou os seus veráns de nena. Ademais, preténdese que o roteiro literario de Carmen Martin Gaite sexa un referente nacional a nivel de turismo cultural e literario, que nos centros educativos do concello se estude á escritora con unidades pedagóxicas específicas e que se traduzan ao galego as novelas que dun ou outro xeito teñen relación con Piñor.

O plan pretende desenvolver as actuacións necesarias para poñer en valor e potenciar este roteiro literario, que se incluirá nos roteiros literarios do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

O Plan Director establece seis obxectivos operativos que van desde a xeración dos itinerarios literarios, materializar a relación de “Carmiña” con Piñor, capitalizar en Barbadás a data de 2025, centenario da escritora, e obter o apoio das institucións académicas, especialmente da UNED.

Pola súa banda, o escritor David González Couso, manifestou a súa satisfacción pola elaboración deste proxecto para “rescatar esta ruta literaria de tanta importancia” e agradeceu ao goberno local a iniciativa e aos donos do pazo de Lemos que abriran hoxe “as portas deste espacio de liberdade e da memoria”.

Ademáis, González Couso aproveitou a ocasión para explicar que hai unha páxina web co nome de “Piñor lugar literario” e tamén contou que xa hai unidades didácticas que se están a distribuir nos centros interesados e que se están a planear rutas literarias con colexios e clubs de lectura.

Novas, , , , , ,

CONTENT.1736843525

28/03/2023

Barbadás e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil firman o protocolo para recuperar O Camiño dos Muíños e a Fervenza do Pisco

A CHMS cofinanciará as actuacións necesarias para a recuperación e mellora ambiental, cun investimento estimado de 500.000 euros que serán sufragados entre ambas Administracións na porcentaxe que se acorde no Convenio

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcarcel, firmaron hoxe o protocolo para establecer un marco de colaboración futura para executar un proxecto de recuperación e mellora ambiental do Camiño dous Muiños e a contorna da Fervenza do Pisco.

O Camiño dous Muiños é unha senda natural situada na marxe esquerda do río coñecido como Barbadás ou Dous Muiños, próxima á capitalidade do municipio, que foi degradándose nos últimos anos por falta de mantemento e abandono.

O proxecto de recuperación e mellora ambiental abarcará unha lonxitude de 1,5 quilómetros e tamén incluirá a Fervenza do Pisco. A CHMS cofinanciará as actuacións necesarias para a recuperación e mellora ambiental, cun investimento estimado de 500.000 euros que serán sufragados entre ambas Administracións na porcentaxe que se acorde no Convenio.

A intervención intégrase perfectamente na contorna, mediante unha serie de actuacións de pavimentación, soterramento de instalacións aéreas, ocultación de contedores de lixo, substitución de mobiliario e deseño dunha iluminación acorde coa contorna patrimonial.

A estratexia da intervención é a camuflaxe da mesma, para o que se empregan materiais que xa están integrados na zona, como sábrego, pedra, madeira de piñeiro galego termotratada, formigón desactivado, vexetación ou a auga. De feito, xógase coa auga como si fose un material máis recuperando mediante canles e cuncos de aceiro corten os rebosadoiros, reconducindo as augas sobrantes e as pluviais. Co son da auga caendo, tamén se introduce a dimensión do movemento, tal e como explicaron os técnicos que presentaron hoxe o proxecto xunto ao gobernó local.

A colaboración institucional entre a CHMS e o Concello de Barbadás é fundamental para preservar e mellorar os leitos fluviais e a contorna natural do Camiño dous Muiños, permitindo que os cidadáns gocen destes espazos privilexiados.

Con este proxecto, espérase non só recuperar e mellorar a contorna natural do Camiño dous Muiños, senón tamén fomentar a actividade turística na zona, xerando un impacto económico positivo para a localidade de Barbadás e a rexión en xeral.

Novas, , , ,

CONTENT.1736843525

24/03/2023

Un versátil Obradoiro de Emprego rehabilita o lavadoiro de As Quintas, construe hoteis para insectos ou fai traballos forestais

A iniciativa, que ten como obxectivo fomentar a inserción laboral e da que forman parte 12 alumnos de Barbadás, comezou os seus traballos no mes de novembro

Aínda que o Concello de Barbadás ten unha taxa de paro moi inferior ao resto da provincia de Ourense, o goberno local traballa na formación das persoas desempregadas a través de Obradoiros de Emprego nos que os participantes reciben unha cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo en actividades de utilidade pública ou de interese social.

Así, o pasado mes de novembro comezou no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás o Obradoiro Dual de Emprego dos Concellos de Barbadás, Taboadela, Toén e San Cibrao. Barbadás achega 12 alumnos, Taboadela 4 e Toén e San Cibrao das Viñas, 2 alumnos por concello. En total, 20 alumnos que dende entón reciben formación diaria en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización.

Actuacións no Concello de Barbadás

No módulo de albanelería os alumnos realizan traballos de acondicionamento, conservación, mantemento e rehabilitación do lavadoiro público situado no lugar de As Quintas, en Piñor ademais da limpeza, despexe e roza da contorna do lavadoiro.

No módulo forestal, están a realizarse labores forestais  de roza e limpeza de terreos por medios manuais e mecánicos; retirada e provisión da terra vexetal por medios manuais e mecánicos, incluído o depósito nos bordos para a súa posterior reutilización.

Ademais, as persoas que participan nos talleres realizan poda selectiva de árbores medianas e grandes, con provisión de material para o seu posterior traslado;  limpeza de leitos e desaugadoiros con medios manuais en terreo brando con vexetación media e retirada de elementos que invadan a calzada.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e as concelleiras Marga Pérez e Victoria Morenza, realizaron unha visita ás zonas nas que se está traballando.

Nos Concellos de San Cibrao, Taboadela e Toén, os módulos están a traballar en labores similares de rehabilitación de lavadoiros e de limpeza e mellora de camiños. 

Hotel para insectos

Ademais destes labores, os participantes nestes talleres construíron unha novidosa iniciativa. Trátase dun “hotel para insectos”, situado no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás, co fin de axudar a protexer a especies como, por exemplo, crisopas, mariquitas e abellas, xa que se lles proporciona acubillo ante depredadores e as inclemencias do tempo, ademais de facilitar a polinización das plantas, axudando a incrementar a súa produción.

Este tipo de construcións axudan a controlar a presenza de pragas nos xardíns, hortas e cultivos de maneira totalmente natural, sen ter que recorrer a produtos químicos

Dende o Concello de Barbadás confían en que coa formación que reciben as persoas que forman parte desta iniciativa, unha vez terminado o taller e obtido o certificado de profesionalidade, consigan atopar emprego. Tamén destacan a importancia da colaboración institucional entre os concellos e a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar o emprego e a inserción laboral.

Novas, , , , ,

CONTENT.1736843525

19/03/2023

O Concello adica casi 130.000 euros a implantar un proxecto pioneiro na xestión da materia orgánica con 700 familias e 70 negocios

- En paralelo, reparte composteiros no medio rural para cubrir a demanda do 100% da veciñanza que os solicitaron

O Municipio de Barbadás leva anos a ser pioneiro na compostaxe individual. Por iso o Goberno local decide dar  un paso máis e poñer en marcha un plan de xestión de materia orgánica que ten dúas solucións segundo o tipo de vivienda: compostaxe individual para vivendas con parcelas e recollida selectiva, e en contedores marróns para a área urbana coa finalidade de chegar a finais de 2023 cumprindo os obxectivos marcados pola Unión Europea no que os índices de reciclaxe de residuos, tendo en conta que unha das fraccións máis importantes en canto a este cumprimento é a materia orgánica.

A tenente alcalde e concelleira de Servizos Públicos, entre os que se atopa a recollida de lixo, Victoria Morenza, explica en canto á fracción orgánica que “en canto a veciñanza toma a decisión de separar esta fracción, tamén está concienciada para realizar a separación do resto de fraccións. Hai que ter en conta que a fracción orgánica é a que máis peso ten, xunto co vidro, no conxunto das diferentes fraccións”.

O Concello de Barbadás xa ten realizado accións de compostaxe individual, co cal xa está iniciado o proceso de implantación e xa se lle trasmitiu á veciñanza no seu momento que este é o modelo escollido para o rural e para certas áreas do casco urbano.

Programa de compostaxe doméstica na Valenzá

A implantación do programa de compostaxe doméstica na Valenzá inclúe a entrega de 700 caldeiros aireados de 10 litros de capacidade de cor marrón, resistente a altas e baixas temperaturas, ao deterioro dos raios ultravioletas e aos axentes químicos e biolóxicos.

Estes caldeiros están fabricados con polo menos un 70 por cento de material reciclado e contarán con peche de seguridade antivertido na tapa, ademáis de ser totalmente aireado e cunha garantía de dous anos.

Morenza sinala que “se entregarán tamén máis de 2.000 atados de bolsas compostables de uso doméstico de 10 litros de 42 x 45 centímetros, nos que cada rollo contén 30 bolsas, que estarán elaboradas con materiais naturais”.

O proxecto abrangue tamén aos grandes produtores, é dicir, empresas que producen materia orgánica: restaurantes, supermercados, panaderías, etc. Segundo as estimacións poden chegar a participar neste proxecto 70 grandes produtores, engade a tenente alcalde.

As 700 familias que participaran no periodo voluntario supoñen arredor do 25 % nos primeiros anos. “Cada unha de estas familias vai producir arredor de media tonelada de materia orgánica ao ano, un residuo que será recollido 3 días á semana” sinala Morenza.

Para poder levar a cabo a implantación do sistema de recollida do contedor marrón é necesario dispoñer de un sistema de transporte, polo que será necesario proceder á modificación do contrato da empresa adxudicataria. A Xunta de Galicia non conta por agora con unha planta de tratamento de este tipo de residuos, motivo polo que provisionalmente a materia orgánica de Barbadás será transportada á planta de Leiro.

A posta en marcha deste sistema implica un gasto anual de 130.000 euros, 70.000 en transporte, que serán asumidos polo Concello, en tanto que a implantación, contedores, material, campañas divulgativas, accións de seguemento, etc, son financiadas pola Xunta de Galicia.

Campaña de reparto de composteiros no medio rural

Paralelamente á posta en marcha da recollida de materia orgánica coa instalación de contedores marróns e a entrega de caldeiros domésticos, está a desenvolverse unha campaña de reparto de composteiros no medio rural para o tratamento e xeración no ámbito doméstico de materia orgánica.

As persoas que participan nesta iniciativa reciben un kit de compostaxe, que conta con un aireador, unha malla antirroedores para colocar na base do composteiro e un manual.

A participación inclúe unha primeira visita de montaxe e formación e, unha segunda visita varias semanas despois para axudar na mellora de pequeñas cuestións a melloar e aclarar dúbidas. Segundo as estatísticas unha vez posto en funcionamento o composteiro, o 92 % das instalación terán producción de compost uns 5 meses despois da súa instalación.

Segundo Victoria Morenza “a introducción da fracción orgánica, socialmente é un feito equiparable ao que no seu momento supuxo a introducción do contedor amarelo”.

Para realizar a recollida hai que ter en conta que a materia orgánica non se pode compactar e o camión só pode recoller materia orgánica.

A cada familia colaboradora entregarase un kit que constará de un caldeiro aireado de 10 litros, 3 paquetes de bolsas compostables, un folleto e a chave do contedor marrón que estará na rúa.

Os aforros anuais iniciais coa posta en marcha deste sistema rondan os 30.000 euros, pola reducción do gasto de tratamento de residuos coa posta en marcha desta modalidade.

O pasado ano 2022 xa se puxo en marcha este plan coa distribución de 100 composteiras co seu correspondente kit de compostaxe (rede antiroedores, aireador e manual de compostaxe), e tamén levaron a cabo as primeiras accións divulgativas sobre a posta en marcha do recinto pechado. A papeleira marrón no núcleo de Valenzá pecharase e distribuiremos a cada casa un balde aireado, bolsas compostables e unha chave para abrir o colector, o obxectivo de pechalo é reducir os inapropiados, xa que a materia que se recolla levarase a unha planta de compostaxe.

Victoria Morenza explica que “neste ano 2023 xa iniciamos a distribución de 80 compostadores novos, 50 deles grazas á axuda que recibimos da Xunta de Galicia e 30 máis facilitados por Sorgama, con esta nova distribución cubrimos as 180 solicitudes que temos a día de hoxe. Tamén este ano esperamos iniciar canto antes a recollida selectiva de materia orgánica no núcleo de A Valenzá, para o que iniciaremos a distribución de chaves canto antes.

“Con este proxecto, o noso Concello será pioneiro na recollida selectiva de materia orgánica na provincia de Ourense, o que esperamos fáganos cumprir a normativa europea, estatal e galega sobre residuos”, rematou a tenente alcalde.

Novas, , , ,

CONTENT.1736843525

16/03/2023

Barbadás ampliará o polideportivo cunha cuberta na planta superior para atender a demanda dunha poboación que non para de medrar

En contra da tendencia da curva demográfica da maioría dos municipios da provincia de Ourense, Barbadás medra e tamén medran as súas necesidades. O goberno local, encabezado polo alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, consciente deste incremento poboacional tenta cubrir esas necesidades con novos servizos e infraestruturas ou ben ampliando as existentes.

Este último é o caso do proxecto presentado hoxe, xunto ao concelleiro de Deportes, Abel Cortés, e un dos arquitectos de maior prestixio do país,  Alfredo Freixedo Alemparte, que firma a ampliación sostible do Polideportivo municipal da localidade, que gañará preto de 700 metros cadrados, ofrecerá novas instalacións e servizos e mellorará a súa accesibiliade.

Valcárcel explicou que “o obxectivo é a ampliación dun Polideportivo que ten case 12 anos e que se fixo pensando en pequeno, sen contar co que está a ocurrir en Barbadás durante os últimos anos, que é o seu continuo crecemento poboacional”, o que xa ten situado a Barbadás por enriba de moitas vilas históricas da provincia.  Engadiu, ademáis, que “a veciñanza do noso concello é moi nova,  ten inquedanzas deportivas e demanda infraestruturas e servizos que desde o goberno local queremos atender”.

O proxecto de ampliación, tal e como relatou o alcalde, ten compromisos firmes de financiación, estando so pendiente da convocatoria do plan marco de infraestructuras deportivas da Xunta de Galicia. O primeiro compromiso foi do anterior presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o último, do presidente da Deputación, Manuel Baltar. Así, a Xunta aportará 40% do orzamento, a mesma porcentaxe que a Diputación, correspóndendolle ao Concello o 20% restante”.

Asegurada a financiación, o alcalde de Barbadás presentou hoxe este proxecto como “un compromiso cumprido e previamente adquirido coa cidadanía” e un exemplo dos beneficios da colaboración entre institucións. Precisamente, en este aspecto, o goberno local de Barbadás está ser un exemplo, pois onte mesmo presentou outro proxecto elaborado e impulsado conxuntamente cos concellos de San Cibrao e A Merca para actuar sobre os espazos fluviais dos tres municipios.

O concelleiro de Deportes, Abel Cortés, asegurou que esta ampliación “cubre unha gran demanda e unha gran necesidade da veciñanza de Barbadás” e engadiu que “as instalacións actuais  estanse a quedar pequenas para o noso Concello tendo en conta os polo menos 800 usuarios que utilizan as instalacións deportivas”.

O arquitecto que desenvolveu o proxecto, Alfredo Freixedo Alemparte, explicou polo miúdo as obras que se contemplan e dixo que “se trata de intervir na cuberta do mesmo para unha ampliación de volume do polideportivo cunha  estrutura lixeira. O uso adicarase a actividades deportivas, actualmente moi demandadas polos cidadáns de Barbadás e concretamente no núcleo máis poboado e próximo ao polideportivo, que é A Valenzá”.

No proxecto contémplase una ampla zona de vestiarios e duchas, un ximnasio, unha sala de usos múltiples para danza e práctica de ximnasia dirixida e unha zona cuberta aberta con acceso ao final do corredor de comunicación.

Inclúe tamén a instalación de climatizadores, bombas de calor con aerotermia ou paneis solares, nunha aposta pola sostibilidade da instalación.

Novas, , , , ,

CONTENT.1736843525

15/03/2023

Barbadás une forzas con San Cibrao e A Merca para sanear os seus ríos cunha inversión de 8 millóns de euros

- Os tres alcaldes presentaron o proxecto, que presentarán aos Fondos de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea nun exemplo de colaboración entre a concellos veciños

Barbadás, que é o promotor do proxecto, San Cibrao e A Merca proxectan unha intervención conxunta sobre os seus espazos fluviais cunha inversión de preto de 8 millóns de euros, nun exemplo de colaboración entre concellos limítrofes que foi enxalzado polos tres rexidores.

O groso da inversión, máis da metade, levarase a cabo no Concello de Barbadás, tal e como explicaron esta mañá tanto o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, como a tenente alcalde, Victoria Morenza. Ambos compareceron xunto aos alcaldes de San Cibrao e  A Merca, nos que planifican unha inversión de preto de 3,7 millóns de euros. En total, 7,9 millóns de euros sen IVE.

Ao principio da rolda de prensa desta mañá, Victoria Morenza, explicou que o obxectivo final deste proxecto é “impulsar un novo modelo de desenvolvemento que se mellore a calidade de vida da veciñanza e a resiliencia frote o cambio climático”.

Xosé Carlos Valcárcel destacou que “dos case 8 millóns de euros do orzamento, máis da metade serán destinados ao concello de Barbadás” e sinalou a importancia do proxecto “porque afecta a un número importante de poboación, especialmente en Barbadás, pero tamén no resto dos concellos”.  En total, estamos a falar, de máis de 10.500 habitantes, dos que preto de 7.500 están localizados no termo municipal do que Valcárcel é alcalde.

Tamén explicou que esta estratexia “servirá como base para o desenvolvemento de intervencións futuras que contribuirán á mellora do ecosistema fluvial e a súa integración coas contornas urbanas dos tres concellos”.

Este proxecto é un exemplo de colaboración institucional entre administracións de distinto sino político, polo que aproveitou para por en valor algo que ao se xuízo demanda a veciñanza: “boa sintonía entre os tres concellos limítrofes amosando, tamén de forma conxunta,  o  seu interese por mellorar a vida dos veciños”.  Estamos a falar, engadiu, dun “proxecto é de interese xeral para os tres concellos, pero tamén para toda a provincia de Ourense”.

Segundo explicou Valcárcel, este proxecto está redactado desde principios de ano, agardando pola próxima convocatoria dos fondos de Recuperación en Resiliencia destinados a actuacións medioambientais.

Pola súa banda o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández, destacou a importancia do proxecto porque “permite mellorar as augas do río polo que transcorre” e tildou a estratexia en conxunto de “ambiciosa e boa para a veciñanza e a calidade das augas.”

O alcalde de A Merca, José Manuel Garrido , asegurou que se trata de “de coidar o que temos” e engadiu que “é unha actuación en favor da natureza e da veciñanza”. Ademáis, Garrido destacou que lle causa “unha grande ilusión este proxecto” nado da “colaboración cos outros dos concellos”

Con un orzamento de case 8 millóns de euros, esta estratexia require unha intervención integral e a recuperación da calidade das augas. Por iso, combínase con actuacións sobre os sistemas de saneamento e depuración que consisten na mellora das redes de colectores, así como das instalacións de depuración existentes que verán incrementada a súa capacidade e nivel de tratamento ao introducir en todas elas un tratamento secundario. Por tanto, con estas actuacións conseguirase unha mellora substancial na calidade da efluente vertedura aos leitos que cruzan os municipios de San Cibrao das Viñas, Barbadás e A Merca. Ademais coas melloras en colectores e bombeos previstas reduciranse os alivios sen tratamento. Desta maneira, preténdese conseguir unha mellora na calidade das augas do medio receptor e un aumento da capacidade de servizo de saneamento e depuración dos municipios.

Estas actuacións van en liña coa preservación do litoral e os recursos hídricos, enmarcados no compoñente 5 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, buscando dirixir un esforzo  real, directo e coordenado a impulsar un novo modelo de desenvolvemento no que se mellore a calidade de vida dos cidadáns e a resiliencia fronte ao cambio climático.

Situación e emprazamento das actuacións

As obras que se contemplan sitúanse dentro dos Concellos de Barbadás, A Merca e San Cibrao das Viñas, concretamente ao longo dos ríos Barbadás, Dous Muíños (ambos os afluentes do río Barbaña), Traveso (no que se desenvolverán as actuacións en relación coa senda), os regachos Ruxidoiro e Porto e afluentes sen nome.

CONCELLO POR CONCELLO

BARBADÁS

Senda fluvial:

  • A creación dunha senda fluvial de 4.833 metros lineais ten por obxecto mellorar a accesibilidade e poñer en valor os espazos fluviais do municipio. O proxecto inclúe a roza e limpeza superficial das marxes do río para reducir o risco de desbordamento e inundación e a plantación de novos exemplares de arbolado de especies autóctonas. A senda será un itinerario de uso peonil e ciclista e contará cun ancho aproximado de 2,5 metros. O proxecto tamén prevé a colocación de paneis informativos, papeleiras, bancos, fontes e soportes para bicicletas, así como a construción de pasarelas naqueles puntos do percorrido onde sexa necesario atravesar o leito.

 

  • Os puntos nos que se creará a senda fluvial ou se dará continuación á senda xa existente son os que pasan por Rúa Calzada Romana (xunto ao Carrefour, existe unha senda que nun punto non hai comunicación), ou o pobo de Moureán, moi utilizado polos veciños para pasear, pero sen existencia de trazado. A senda finalizará no núcleo de Pontón, punto de conexión coa senda de San Cibrao das Viñas.

Saneamento

O proxecto inclúe a análise da rede de saneamento e depuración co obxectivo de mellorar o servizo e dar solución a diferentes problemáticas que presentan os puntos da rede. Propón actuacións en:

1) Bombeo Rúa dá Calzada/Pontón

Proponse a súa substitución por un novo que presenta unha obra civil máis accesible e estanca. Ademais, que conte cun equipamento máis eficiente e cun sistema de control e automatización que facilite os labores de explotación e seguimento.

2) Os Muíños

Proponse mellorar o proceso de tratamento existente cun tratamento secundario que permita mellorar a calidade das augas do efluente de vertedura e ao mesmo tempo que teña menor consumo enerxético e por tanto sexa máis sostible.

3) Regacho das Anguías

A actuación consistiría na realización dun novo colector de augas residuais pola marxe do regacho, así como a retirada do existente. Para facilitar a accesibilidade das persoas, así como os labores de mantemento, prevese a realización dunha senda de marxe cunha anchura media de 2,5 metros . Ademais, na zona de maior desnivel prevese unha pasarela de madeira de aproximadamente 50 metros de lonxitude. Como parte das actuacións prevese tamén unha revexetación e restauración paisaxística da contorna.

4) Tanque de tormenta

Resulta necesario a execución dun tanque de tormentas que lamine as augas durante os períodos de choiva enviando cara á EDAR de Reza o caudal máximo consignado e ao mesmo tempo minimizando os alivios ao medio en base aos obxectivos ambientais.

Ademais, prevese a substitución do colector interceptor actual por un de maior capacidade que garanta que todas as augas chegarán ao tanque.

5) Bombeo As Lamas

Proponse a súa substitución por un novo que presenta unha obra civil máis accesible e estanca. Ademais, que conte cun equipamento máis eficiente e cun sistema de control e automatización que facilite os labores de explotación e seguimento.

SAN CIBRAO

Senda fluvial

A creación dunha senda fluvial de 6.052 metros lineais ten por obxecto mellorar a accesibilidade e poñer en valor os espazos fluviais do municipio de San Cibrao das Viñas. O proxecto inclúe a roza e limpeza superficial das marxes do río para reducir o risco de desbordamento e inundación e a plantación de novos exemplares de especies autóctonas. A senda será un itinerario de uso peonil e ciclista e contará cun ancho aproximado de 2,5 metros. O proxecto tamén prevé a colocación de paneis informativos, papeleiras, bancos, fontes e soportes para bicicletas, así como a construción de pasarelas naqueles puntos do percorrido onde sexa necesario atravesar o leito.

O trazado da senda arrinca no límite co municipio da Merca, nas proximidades de Montelongo de Arriba e discorre ao longo do río Traveso ata as proximidades do Alto do Pontón, no límite con Barbadás tras atravesar o Espazo Natural de Interese Local (ENIL) de Boutureira.

Saneamento

O Concello de San Cibrao solicita unha primeira análise da rede de saneamento e depuración co obxectivo de mellorar o servizo e dar solución a diferentes problemáticas que presentan os puntos da rede, realízase unha visita de campo na que se analizan cada un destes puntos:

  1. Fosa de Montelongo
  2. Fosa do regacho do Ruxidoiro
  3. Fosa próxima a Pazos
  4. Bombeo Ponche de Pazos
  5. Loiro
  6. Rego dous Muiños

A MERCA

Senda fluvial

A creación dunha senda fluvial de 2.851 metros lineais ten por obxecto mellorar a accesibilidade e poñer en valor os espazos fluviais do municipio da Merca. O proxecto inclúe a roza e limpeza superficial das marxes do río para reducir o risco de desbordamento e inundación e a plantación de novos exemplares de especies autóctonas. A senda será un itinerario de uso peonil e ciclista e contará cun ancho aproximado de 2,5 metros. O proxecto tamén prevé a colocación de paneis informativos, papeleiras, bancos, fontes e soportes para bicicletas, así como a construción de pasarelas naqueles puntos do percorrido onde sexa necesario atravesar o leito.

O trazado da senda arrinca nas proximidades da aldea de Bouzas e discorre ao longo do río Traveso ata as proximidades de Nigueiroá, no límite con San Cibrao das Viñas.

Saneamento

O Concello de A Merca solicita unha primeira análise da rede de saneamento e depuración co obxectivo de mellorar o servizo e dar solución a diferentes problemáticas que presentan os puntos da rede, realízase unha visita de campo na que se analizan cada un destes puntos:

  1. Fosa de Bouzas
  2. Fosa de A Manchica
  3. Fosa de A Manchica – Pías – Val de Seixo
  4. Solveira
  5. Fosa de Nigueiroá
  6. Fosa de Matusiños
  7. Fosa do Vilar de Paio Muñiz
  8. Fosa de Vilachá
  9. Fosa do Val da Mezquita
  10. Fosa de A Mezquita
  11. Fosa de A Merca

 

 

 

Novas, ,

CONTENT.1736843525

13/03/2023

Melloras na accesibilidade no camiño que comunica A Valenzá Vella coa Rúa do Viso

Os traballos consisten na retirada de un muro en situación de derrube e inclúen a colocación de outro de peche frontal co camiño á Valenzá Vella e lateral, que linda coa parte axardinada

O Concello de Barbadás está a efectuar obras de mellora na accesibilidade peonil na zona do Mercadona.

Os traballos consisten na retirada de un muro en situación de derrube e inclúen a colocación de outro de peche frontal  co camiño á Valenzá Vella e lateral, que linda coa parte axardinada.

As obras de reforma contemplan ademais a colocación para paso peonil de lousas prefabricadas de formigón.

A concelleira de Infraestruturas, Victoria Morenza, destaca “a importancia deste tipo de intervencións que supoñen a mellora  da accesibilidade desta zona, moi transitada diariamente por numerosas persoas”.

Ademais Morenza tamén sinala que así “se pon fin a unha situación de perigosidade porque era un muro en perigo de derrube”.

Novas, , ,

CONTENT.1736843525

02/03/2023

Un proxecto de 400 mil euros descubrirá o “tesouro agochado” da Fervenza do Pisco e o Camiño dos Muíños

Xosé Carlos Valcárcel: “A intervención foi unha proposta da veciñanza que asumimos como un reto e agora plasmamos neste proxecto”

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a tenente alcalde, Victoria Morenza, arroupados polo resto de membros do grupo de goberno presentaron esta mañá un proxecto chamado a converterse nun emblemas desta localidade: a humanización do Camiño dos Muíños e do contorno da Fervenza do Pisco, un lugar icónico de Barbadás. “Un tesouro agochado”, como dixo o propio alcalde, que lembrou que se trata dun lugar tradicionalmente moi utilizado pola veciñanza de toda a vida de Barbadás, tamén como zona de baño, e que pouco a pouco foi esmorecendo por falta de coidado e preocupación.

A actuación realizarse sobre unha área de case 5 millóns de metros cadrados e terá unha lonxitude de case quilómetro e medio, para o que se  prevé unha inversión de máis de 400.000 euros.

Antes da presentación, o alcalde de Barbadás e a tenente alcalde, Victoria Morenza, principais impulsores da intervención, mantiveron unha reunión co presidente da Confederación Hidrográfica (onte mesmo) para pechar un acordo de financiamento que garante a execución da obra e que será formalizado en breve.

A actuación planeada e presentada polo equipo redactor da mesma, humaniza o espazo público situado no camiño que conduce á aldea de Muíño  e o contorno da área do Pisco.  A proposta é  tan sutil que non resta nin un ápice de protagonismo ao espazo natural, dunha gran beleza, máis ben ao contrario, o resalta e pon en valor, segundo explicou o alcalde.

Tanto Xosé Carlos Valcárcel como Victoria Morenza destacaron que a recuperación desta zona foi unha proposta da propia veciñanza coñecedora do espazo, asumida como un reto durante estes anos por parte do goberno local e agora plasmada neste proxecto.

A intervención intégrase perfectamente na contorna, mediante unha serie de actuacións de pavimentación, soterramento de instalacións aéreas, ocultación de contedores de lixo, substitución de mobiliario e deseño dunha iluminación acorde coa contorna patrimonial.

A estratexia da intervención é a camuflaxe da mesma, para o que se empregan materiais que xa están integrados na zona, como sábrego, pedra, madeira de piñeiro galego termotratada, formigón desactivado, vexetación ou a auga. De feito, xógase coa auga como si fose un material máis recuperando mediante canles e cuncos de aceiro corten os rebosadoiros, reconducindo as augas sobrantes e as pluviais. Co son da auga caendo, tamén se introduce a dimensión do movemento, tal e como explicaron os técnicos que presentaron hoxe o proxecto xunto ao gobernó local.

As  accesibilidades e a eficiencia enerxética serán outras das premisas básicas.

No proxecto tamén se contemplan traballos de limpeza con cepillo de cerdas naturais, sen hidrolimpiadora, dos muros perimetrais do camiño que chega a Muíños.

Barbadás Quéreo Viveo, Novas, , , ,

CONTENT.1736843525