Arquivo da etiqueta: Voluntariado Barbadás

28/03/2023

Barbadás recoñece a voluntarios, traballadores, institucións e empresas na loita contra a pandemia co Paseo da solidariedade

Xosé Carlos Valcárcel: “É a nosa forma de agradecer, como pobo, a entrega das persoas que demostraron abnegación e solidariedade nun momento crítico”

O Concello de Barbadás levará a cabo este sábado unha emotiva homenaxe aos voluntarios, sanitarios, Protección Civil, Garda Civil, residencias de maiores, Sergas, empresas varias, clínicas sanitarias e, en definitiva, a todas as persoas que dun xeito ou outro traballaron incansablemente na loita contra a pandemia despois da declaración do Estado de Alarma, do que precisamente neste mes de marzo se cumplen 3 anos.

Durante o evento, inaugurarase un monolito cunha placa que recodará o traballo solidario de todo un pobo, ao tempo que tamén recordará ás víctimas. Ademáis, unha rúa sen nome actualmente, situada entre as rúas Salgueiros e Carrís, recibirá o nome de Paseo da Solidariedade, cumplimentando así un acordo plenario previo.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, entende esta homenaxe como un recoñecemento “moi merecido” para aqueles que traballaron sen descanso durante a pandemia. “Este evento é unha oportunidade para agradecer a todas as persoas que demostraron unha gran solidariedade e dedicación aos demais, nun momento especialmente crítico no que o país estaba desconcertado polo impacto da pandemia e a gran cantidade de vítimas que se cobrou”, destaca.

O acto terá lugar no mesmo Paseo da Solidaridade, entre as ruas Salgueiriños e os Carrís, onde se colocará a placa sobre un monolito.

Novas, , ,

CONTENT.1728656352