19/12/2024
Talía Teatro na Sala Manuel María | Barbadás.
Cartel Lambetadas
Continúa o Programa de Nadal, e este Venres 20 de Decembro ás 19h. contamos coa actuación do Grupo Talía Teatro que nos vai representar a obra “Lambetadas”.
Sinopse:
Dous personaxes excéntricos entran en escena. Como non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara a onde van, non lles queda máis remedio que coñecérense, tanto un ao outro como a eles mesmos. O que descobren é que para atopar a súa identidade deberán saber o que lles pasa ás súas linguas. Porque sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamber as lambonadas, que é o máis rico que hai. Hai linguas e linguas. E non hai unha igual cá outra. Iso si: cada quen lambe coa súa. Non vai lamber con outra. Porque se tes unha lingua tes que empregala. E vale para lamber calquera cousa. E para falar de calquera cousa. E en calquera situación. Porque todas as linguas valen para o mesmo. Para entenderse. Para comunicarse. Para dicir o que cada quen queira dicir. E para lamber o que cada quen queira lamber. Para lambiscar e gozar, para darse gusto.
Lambetadas é un espectáculo para público familiar e infantil, que ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual.
Entrada libre ata completar aforo.
Evento: Teatro | Comedia
Público: Infantil
Idades recomendadas: 4-9 anos
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás