12/05/2025
Taller de Búsqueda de emprego online

A Concellería de Promoción Económica e Formación dentro das actividades formativas que organiza , vai poñer en marcha un Taller de Búsqueda de emprego online.
Neste curso as persoas participantes adquirirán os coñecementos e actitudes necesarias, para enfrentarse a búsqueda de emprego con éxito, e así lograr a súa inserción laboral de forma efectiva. A finalidade deste taller é que o alumnado se implique e sexa capaz de buscar traballo de forma activa.
Datas: 26 e 27 de maio
Hora: De 9:00 a 13:00 h
Lugar: Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás
Inscricións:
988 360 413
cet@barbadas.es