13/09/2021

Taller de Memoria. Actividade nos locais sociais

Solicitudes dende o 14 ata o 21 de setembro de 2021

Banner Memoria
  • A  Concello de Barbadás,  dentro do programa de actividades da Concellería de Servizos Sociais,Sanidade e Participación Veciñal, organiza un obradoiro de MEMORIA, dirixido a poboación adulta,  que se desenvolverá nos seguintes locais sociais:
    • Local social de Loiro.
    • Local social de Bentraces.
    • Local social O Fonval.
    • Local social de Piñor.

 

  • As prazas ofertadas serán de 6 persoas por local.
    O número de prazas ofertadase o indicado segundo as disposicións aplicables que a administración autonómica e estatal dispón en relación coa apertura dos locais sociais e a distribución de espazos dentro dos mesmos, con motivo da incidencia do COVID-19.
    Para que se leve a cabo a actividade será preciso un número mínimo de 5 persoas.

 

  • A actividade comezará en outubro do 2021 e rematarán en maio do 2022.
    En horario de tarde.
    O horario determinarase no momento da aprobación dos listados definitivos.

 

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dende o día 14 de setembro ata o día 21 de setembro de 2021 (ámbolos inclusive).

 

  • A solicitude debidamente cumprimentada deberá presentarse por unha das seguintes formas:
    • De forma telemática a través da sede electrónica do Concello de Barbadás https://barbadas.sedelectronica.gal.
    • De forma presencial no rexistro (Casa do Concello 988360000, Oficinas A Valenzá 988393168).
    • En calquera dos rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015.
      As solicitudes estarán dispoñibles na páxina web do Concello (www.barbadas.es).

 

  • O listado provisional de admitidos/as publicarase o día 22 de setembro de 2021 na páxina web do Concello de Barbadás (www.barbadas.es), e nos taboleiros de anuncios do Concello e das oficinas municipais da Valenzá.
    Os listados definitivos publicaranse o día 30 de setembro de 2021.

 

  • O Obradoiro de Memoria ten un custo total de 40 euros.

 

 

Obradoiro de Memoria

Data Adxuntos
13/09/2021 BASES REGULADORAS TALLER DE MEMORIA 2021-2022 PDF [129 KB]
13/09/2021 SOLICITUDE DE INSCRICION DE TALLER DE MEMORIA PDF [187 KB]

Novas, Participación cidadá

19/09/2021

Semana da Mobilidade en Barbadás

2021-Semana da Mobilidade en Barbadás

Terceira semana de setembro'2021

18/09/2021

Justo Calviño publicará relatos con personaxes e lendas de Piñor

Justo Calviño, Barbadás

Emprendemento en Barbadás

18/09/2021

Inscrición Transporte Bacharelato

Prazo: 20 - 24 de setembro de 2021.

CONTENT.1632060341

SINGLE.1632060341