08/06/2026

Taller de Patinaxe Agresiva

A Concellería de Mocidade do Concello de Barbadás  organiza un Taller de Patinaxe Agresiva dirixido a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos. A actividade será impartida polo club especializado Roller Ourense.
O obradoiro desenvolverase no Skatepark da Valenzá e os participantes poderán elixir unha das seguintes dúas xornadas independentes:
    • Martes 23 de xuño (de 11:00 a 13:00 horas)
    • Xoves 25 de xuño (de 11:00 a 13:00 horas)

Normas básicas
É obrigatorio acudir con casco e protección completa para poder participar na actividade.
Inscricións e contacto
O prazo para presentar as solicitudes de inscrición estará aberto desde o 10 ata o 19 de xuño, ou ata completar o límite de prazas dispoñibles.
Para obter máis información ou tramitar a reserva de praza, as persoas interesadas poden utilizar as seguintes vías de contacto:
  • Teléfono: 988000234
  • Correo electrónico: xuventude@barbadas.es
Data Adxuntos
08/06/2026 Solicitude Taller de Patinaxe agresiva PDF [545 KB]

Mocidade, Novas

CONTENT.1783881038

SINGLE.1783881038