13/06/2022
Talleres de conservación de produtos das hortas
Durante o mes de xullo van a realizarse varios talleres de conservación de produtos das hortas.
Están dirixidos as persoas integrantes das diferentes Asociacións de veciños do Concello.
O luns 11 de xullo serán no local de Fonval na Valenzá en dúas sesións de 9:00 a 13:00 h ou de 16:00 a 20:00 podendo asistir ou a mañá ou a tarde, e están dirixidos as Asociacións de Fonval e de veciños de O Fonsillón, As Lamas e Finca Fierro.
O martes 12 de xullo será no local social de Loiro, en horario de 10:00 a 13:00 h , para as Asociacións de veciños de Loiro e Bentraces.
O mércores 13 de xullo será no local social de Barbadás, en horario de 10:00 a 13:00 h , para as Asociacións de veciños de Barbadás, O Pontón e Sobrado.
O xoves 14 de xullo será no local social de Piñor, en horario de 16:00 a 20:00 h , para as Asociacións de veciños de Parada, Piñor e Mun Di Deu
A entrada é libre e non se precisa de inscrición previa.