22/03/2022

Tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia22

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución da Axencia de Turismo de Galicia do 17 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia22 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU985D).

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia22 as persoas físicas maiores de idade que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono turístico #QuedamosenGalicia22.

3. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia22 as persoas que xa resultaron beneficiarias na segunda edición do Bono turístico #QuedamosenGalicia21.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará ás 00.00 horas do día 21 de marzo e rematará o día 2 de maio de 2022

Data Adxuntos
22/03/2022 Bono turístico 2022 PDF [733 KB]

Eventos, Novas, Turismo

CONTENT.1664792818

SINGLE.1664792818