22/01/2019
Teatro con “Tarabeleando con Mario” de Silvardeiras
Sábado, 26 de xaneiro ás 20h. Casa da Cultura Manuel María.
Basada en “Cinco horas con Mario” de Miguel Delibes. Trátase dun retábulo de mulleres de diversa índole e condición que culpan a Mario, defunto marido de cada unha, de todas as frustracións da súa vida. Atacando a Mario, recentemente morto, intentan xustificar unha infidelidade que non tiveron tempo de explicar antes.
Lugar: Casa da Cultura Manuel María (A Valenzá).
Data: Sábado, 26 de xaneiro ás 20h.
Entrada con invitación -ata completar aforo- . Recollida de invitacións na Casa da Cultura.
Recomendada a público familiar a partir de 7 anos.