12/03/2020
SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deTeatro Ghazafelhos en Barbadás
Teatro | 50 min | +3 anos
SUSPENDIDA A ACTUACIÓN deste Venres 13 de Marzo ás 20h. No Auditorio Manuel María de Barbadás, actuación do grupo de teatro GHAZAFELHOS co espectáculo “O País dos Mandóns”, continuando coa Programación do 8M do Día da Muller.
SINOPSE
Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país do revés, o país das chuches, o país da música, das cores… e no país dos Mandóns… O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio; Grazas a Clara, ese lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñecese como; O País da Igualdade. Ghazafelhos adapta nunha pequeniña obra de teatro tres contos da colección A igualdade Conta de Edicións Embora. Recreando unhas personaxes imaxinarias, Fálannos de Flora e o seu segredo, da urna dos desexos e do País dos mandóns; contos que nos convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias.
Teatro recomendado para todos os públicos.
Entrada con Invitación ata completar aforo (Recollida de invitacións na Casa da Cultura).
Organiza: CIM (Centro de Información á Muller) de Barbadás.
Colabora: Concellaría de Cultura de Barbadás.