16/02/2022
Teatro na Sala Manuel María
Cartel de Ragazzo
O venres 18 de febreiro ás 20:30h. actuación da Compañia BARROSANTA co espectáculo “RAGAZZO”
Sinopse:
Europa, verán do 2001. A cidade de Ragazzo vive a restricción de dereitos sociais máis grande que recorda o continente dende a Segunda Guerra Mundial: fronteiras pechadas, manifestacións prohibidas, reunións entre persoas, ata tender a roupa nos balcóns… Detencións, identificacións, rexistros. 30 000 axentes recorren as rúas e protexen aos líderes do G8 na súa xuntanza.
Ragazzo, pese a isto, pasa o verán na cidade, nun garaxe que okupou e acondiciounou como o seu fogar durmindo dentro do coche e cociñando no seu motor. Está de vacacións: ten tempo para ir a concertos, ler e escribir, cociñar, e incluso de namorarse… e por suposto, de participar no Fórum Social, instalado na cidade para facer fronte ao modelo de globalización imposto polo G8, soñando outro mundo posible. Pero o seu destino quedará marcado cando tome a decisión de quedarse na columna dos desobedientes, que se propuxo a acción pacífica de violar o confinamento da Zona Rossa, blindada para os
líderes mundiais.
Qué facer ante a ameza? Quen (e para qué) fai servir a violencia? Qué é a impunidade? É posible outro mundo. Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á
dignificación das historias personais: unha reivindicación da memoria colectiva e da Historia que os donos do mundo nunca escribirán para nós.
Espectáculo recomendado para público adulto.
Entrada con invitación (Recollida na Casa da Cultura)
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.
Patrocina REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense)