13/11/2021
Teatro The Sastre reinicia ensaios na Valenzá para estrear en decembro “Neve en outono”
Sociedad en Barbadás

- Cóntanos Andrés Rodríguez Yáñez que o grupo teatral The-Sastre xurdiu da necesidade de “dar un xiro profesional” á actividade da Escola de Teatro Caixa de Sastre na que levaban un tempo Silvia Alvarado, Rubén “Pena”, Alexia Iglesias e Cristina Pérez. Todos teñen un traballo independente da súa actividade teatral e así levan 12 anos.
- O grupo so representa obras propias, a maioría saídas da cabeza de Andrés, nunca adaptan textos de outr@s e van pola quinta que estrearán o día 4 de decembro en Palas de Reis e en breve e traerán a Barbadás.
- A primeira foi “Sonos” centrada en pensamentos e situacións cotiás en parella, seguida de “Soldados de chumbo” arredor da homosexualidade e os diferentes motivos que xeran violencia entre as persoas. Despois, o texto “Os crápulas opiáceos” situou a actores e público na Irlanda dos anos 70, nun espazo e tempo do conflito armado co IRA e da situación dos seus presos nas cadeas inglesas
- A cuarta obra, “Cosa Nostra” foi unha comedia aceda arredor dos “Dez Mandamentos” e centrada nunha muller que quere poñer fin ó oficio común de tódolos membros da súa familia : “asesin@”.
- A seguinte obra foi tamén unha comedia co título de “Os segredos de Greta” . Segundo o seu autor, trátase dun enredo amoroso entre dúas mulleres, un home e un espello “que supostamente da resposta a tódalas preguntas que lle plantexan”, e xa estivo na Casa de Cultura Manuel María de Barbadás .

A pos-pandemia chega con nova obra e nova federación de teatro amador
- Ca chegada da pandemia, a actividade teatral, como tódalas demais, paralizouse e o grupo retomou ensaios “virtuais” en outubro de 2020.
- Pendente de estrea está agora “Neve en outono” que porá en escena una “crítica aos totalitarismos” con motivo dos implantados e mantidos en Arxentina polos xerais Videla, Viola e Galtieri, e non deixa de lado temas como os remordementos.
- Os ensaios reais comezaron nestes días na casa de Andrés, en Loiro, e volverán nesta mesma semana á Casa da Cultura Manuel María de Barbadás . “Por sorte somos un grupo pequeno, no que actúan 1 ou 2 persoas e o resto facemos o resto dos traballos técnicos”, e con esas características mantéñense, porque lles gusta interpretar, sen máis… nin menos
- Coa quinta obra a punto de estrea, Andrés xa ten en mente a sexta: unha comedia arredor da avaricia e posiblemente titulada “Deus non quere calderilla”, da que xa ten os debuxos da historia.
- Dende hai 3 anos (interrompidos pola peor etapa da pandemia) o grupo desenvolve unha actividade semanal coa ONG de Ourense Valores SC na que mozas e mozos procedentes de culturas diferentes aprenden e escenifican exercicios que facilitan a súa integración e relacións sociais, nun espazo da nova Biblioteca de Ourense .
- O grupo The-Sastre foi cofundador da Federación de Teatro Amador de Galicia (Feteagal ) en febreiro deste mesmo ano 2021, tras unha crise na federación anterior. É membro así da estatal Escena Amateur na que xa viu recoñecido o seu traballo coa ONG ourensá con unha nominación ao Premio Juan Mallorga pola reportaxe audiovisual desa actividade.
Segue a escola de teatro
- Andrés é profesor de Educación Infantil no colexio Santo Ángel, no barrio do Couto en Ourense, onde imparte ademais formación na Escola de Teatro, que xa é unha actividade fixa entre as extraescolares, dende 1995.
- “Nesta escola nunca hai actor ou actriz principal pois todos teñen o mesmo tempo sobre o escenario” para obras escritas por el ou por Silvia Alvarado.