O Servizo de Teleasistencia no fogar é un servizo de atención inmediata que permite a mobilización de recursos sociais ante una situación de emerxencia domicliliaria, mediante o emprego de dispositivos telemáticos de uso sinxelo. O servizo préstase a través da liña telefónica, utilizando un equipamento de comunicacións e informático específico, localizado nun centro de atención e no domicilio do usuario, permitindo, con só accionar un botón-transmisor, entrar en contacto verbal, mediante un sistema de mans libres, con persoal especialmente formado para dar resposta á necesidade presentada mediante a utilización dos seus propios medios e/ou movilizando outros recursos materiais e humanos dispoñibles.
A finalidade do servizo é facer posible que as persoas maiores ou con algunha discapacidade, que non precisen atención contínua e presencial, dispoñan da seguridade de que, ante unha situación de emerxencia domiciliaria, poidan contactar de forma inmediata co centro de atención, garantindo unha comunicación permanente as 24 horas do día todos os días do ano.
-Normativa:
Ordenanza reguladora do Servizo de Teleasistencia no fogar da Deputación Provincial de Ourense. BOP nº 137, do 15/6/2013