08/02/2023
Tempo de ENTROIDO en Barbadás
Presentación do programa de Entroido do Concello de Barbadás
En Barbadás, este ano facemos unha aposta forte para ter un Entroido máis atractivo, se cabe. Queremos que sexa unha oportunidade que abranga non só á hostalería, senón a toda a actividade comercial e de servizos, dos que este municipio dispón.
Achegaremos a festa entroideira aos centros de ensino, aos locais sociais, aos pobos, e en xeral a toda poboación .
- Esta mañá, presentamos oficialmente ante os medios, o noso Entroido, que en palabras da Concelleira de Cultura, Marga Pérez, “É un Entroido para todos, un Entroido moi interesante que seguirá sendo (agardamos) unha cita obrigada da zona metropolitana de Ourense.”
- Hoxe, 1 de febreiro ábrese o prazo de inscrición para o gran desfile do martes de Entroido, no que haberá máis de 6.000€ en premios para todas aquelas carrozas, comparsas, parellas/tríos ou individuais que queiran participar. Toda a información está na nosa páxina web e nas redes sociais do concello.
- “Tamén hoxe, ábrese o prazo para o concurso de Mecos, un concurso que empezou na época da pandemia e que resultou un éxito; no que a veciñanza, principalmente do rural, implícase cada vez máis, poboando de mecos, as rúas. Dende o concello, queremos seguir coa tradición para recuperar esta figura tan importante dentro do Entroido”, sinalou Marga.
- Respecto dos centros educativos, continúa Marga:
- “Comezarase con obradoiros nos colexios para os nenos para que saiban elaborar esas comadres e eses compadres; logo as regueifas tanto o xoves de compadres como o de comadres na zona vella.
- O venres de Entroido teremos un dos grandes desfiles, agardado por todos e para nós, un desfile que nos gusta moito. É o de todo o alumnado de Barbadás. Preto de mil nenos e nenas van a saír dos seus colexios desfilando ata unha zona central que é Rotonda da Familia.
Alí teremos animación con música e faremos a colga dos Mecos. Mecos elaborados por ámbolos dous colexios.”
- Ese mesmo día, venres, 17 de febreiro, darase por inaugurado oficialmente o Entroido, co pregón de Pepo Suevos, actor e monologuista.
Pola noite, celebrarase a tradicional Cea/baile de Comadres, amenizada por un DJ.
- O sábado, a troula e a festa, serán protagonistas, con varias charangas que porán música por toda a Avda. De Celanova durante a tarde/noite.
O domingo de Entroido, as charangas actuarán polas parroquias do concello.
- O luns, dedicarémolo principalmente aos nosos nenos e nenas, cunha festa e de concurso infantil de disfraces.
Ao solpor, as actividades irán máis enfocadas á mocidade.
- “O martes, gran desfile de Entroido, ao que queremos dende aquí, convidar a todas esas persoas que teñen ganas de entroidar, que sabemos que son moitas, xa que nos están continuamente chamando para saber cando abrimos a inscrición, pois dende hoxe está aberta para que poidan participar no desfile do martes, que partirá ás 17:00 horas.”
- Continúa Marga Pérez, “Quero agradecer tamén o Centro Comercial Carrefour que nos cede gratuitamente o seu aparcamento para que todas as persoas que acudan, ao noso gran desfile de Entroido, de fóra do Concello, teñan un espazo para aparcar moi preto de nós.”
- Como peche do programa, o mércores desfilará a comitiva fúnebre coas viúvas, cos bispos, cos cregos, e todos os que queiran acompañar. Despois, haberá un espectáculo de lume para despedir todos estes días de diversión.
- Este ano a hostalería tamén quere participar e colaborar activamente, coa primeira ruta de pinchos de Bocados de Cocido. Nos establecementos participantes, con cada consumición, ofrecerán aos clientes, tapas co cocido como protagonista, por só 1€ a maiores.
- Abel Cortés, Concelleiro de Deportes, quixo tamén, poñer de manifesto nesta mañá, que “este entroido tamén facemos unha aposta de ocio para a mocidade, actividades todas elas gratuítas:
- O sábado día 18 teremos un Scaperoom, todo o día, con actividades singulares que realizaremos no Espazo Xoven da Casa da Mocidade de Barbadás.
- O luns día 20 un obradoiro de maquillaxe artístico, para que os mozos e mozas poidan aproveitar a actividade para o entroido, na Casa da Mocidade pola tarde.
- E outra actividade novidosa será a festa para a mocidade coa actuación de Gramola Disco e DJ De Melo, que levará asociada unha consumición gratuíta sen alcol. Celebrarase na Rotonda da Familia, lugar onde estará situado o palco para as actuacións. “
- E remata Abel Cortés dicindo que “estará premiado ir disfrazado neste entroido.“
- Por último, Marga Pérez fai unha invitación a achegarse e gozar do Entroido do Concello de Barbadás, “Animamos dende aquí a toda a xente que queira vir a acompañarnos neste entroido que é diferente a outros entroidos; que ten a súa importancia; que ten o seu nome… animamos a todos a acudir a Barbadás”.
– Formulario de inscrición para participar no Desfile de Entroido de Barbadás, do martes 21 de febreiro. (Habilitado ata o 20 de febreiro ás 12:00)
– Formulario para participar no Concurso de Mecos (Habilitado ata no 14 de febreiro)
– Formulario de votación en liña do Concurso de Mecos (Habilitado do 15 ao 19 de febreiro)
Data | Adxuntos |
---|---|
08/02/2023 | Bases Desfile Entroido 2023 PDF [371 KB] |
08/02/2023 | Bases Concurso de Mecos 2023 PDF [427 KB] |
Barbadás Quéreo Viveo, Cultura, Eventos, Mocidade, Novas, Promoción económica