11/03/2019
Terra Máxica

O mes de Marzo é o mes da MAXIA EN BARBADÁS. Iniciamos unha vez máis o ciclo TERRA MÁXICA na que pasarán polo Auditorio Manuel María de Barbadás, os mellores espectáculos de máxia do momento en Galicia.
Iniciamos este ciclo con DANI GARCÍA que nos presenta o espectáculo “CÓDIGO”
Sinopse:
CÓDIGO: dise da combinación de letras, números ou caracteres que nos permiten formular e descifrar mensaxes que doutro xeito permanecerían ocultos. O código lingüístico posibilítanos a comunicación coas demais persoas. Pero… Que pasaría se perderamos ese código? Ou se nos atoparamos con persoas que usan outro diferente? Sería posible comunicarnos dalgún xeito? Así está o noso viaxeiro, o noso coleccionista de linguas. Sempre na busca de novos amigos cos que engadir un código máis na súa maleta de camiñante. E o que empezou sendo unha petición de axuda, un intento por comprender un código máis, convértese nunha reflexión sobre a comunicación humana.
Código é un espectáculo de rúa, pensado para que persoas de calquera idade poidan participar e gozar. Unha hora de maxia inventiva e persoal na que seguro os aplausos estarán acompañados das risas e as bocas abertas.
VENRES 15 DE MARZO ÁS 19H. NO AUDITORIO MUNICIPAL DA CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA DE BARBADÁS.
Entrada libre ata completar aforo.
Espectáculo para todos os públicos.
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.