09/07/2021

Test do  54 Rallye de Ourense en Barbadás

12 e 13 de xullo nas inmediacións de Os Carrís.

O RALLYE DE OURENSE EFECTUARÁ TEST EN BARBADÁS OS DÍAS 12 E 13 DE XULLO

O peche de varias vías nas inmediacións do campo de fútbol obrigan á reordenación do tráfico durante as probas

  • Os vindeiros 12 e 13 de xullo realizarase una proba-test do Rallye de Ourense que celebra a súa 54 edición no Concello de Barbadás nas inmediacións do campo de fútbol de “Os Carrís”.
  • Os test oficiais polas vías públicas que discorren no entorno da Ponte Bagoi, Camiño dos Muiños, Cerredo, Pontillón, As Quintas, Farixa, Chemineas, Camiño de Barbadás e rúa Amieiral.
  • O peche destas vías realizaríase no horario comprendido entre as 08:30 a 14:15h e de 15.30 a 20.30, permitíndose a libre circulación no resto do tempo.
  • Tamén se procederá ao peche ao tráfico a rúa Calzada Romana,entre o parque dos Patos e o campo de fútbol de Os Carrís, e un tramo da rúa da Paz ( tramo duns 50 metros comprendido entre os dous primeiros pasos de peóns accedendo dende a rúa Porto do Río), para situar os vehículos das asistencias.
  • Dende a Concellería de Deportes, o seu responsable, Abel Cortés, informa de que “no caso de que algún/algunha veciño/a cos accesos afectados polos cortes de tráfico teña motivos de forza maior ou emerxencia, paralizarase o test e poderá circular de xeito seguro previa comunicación coa organización que estará en todo momento no lugar de realización do evento”.

 

Deportes, Novas

CONTENT.1733943047

SINGLE.1733943047