26/04/2018
THE-Sastre presenta “Cosa Nostra”
O grupo teatral THE-Sastre representa a obra "Cosa Nostra". Comedia ácida baseada nos dogmas de Fe.

Actividade: Teatro.
Lugar: Casa da Cultura Manuel María.
Data: Venres, 27 de abril.
Horario: Ás 20:00h.
Público: Adulto.
Entrada: Gratuita (previa recollida de invitacións na Casa da Cultura Manuel María).
Sinopse: Comedia ácida baseada nos dogmas de Fe. Na vella Sicilia dos anos 60, unha familia ten a enfermiza manía de matar cando se falta a algún dos mandamentos da táboa de Moises. A nai intentará por remedio a isto antes de que os Carabinieri entren na casa.