24/07/2018

Timparrantela

Videoclip

Para quen non as coñeza, Timparrantela, é dicir, Lorena Sotelo, María Blanco, Marta Figueiredo, Olalla Rodríguez, Olalla López, Olga Brañas e Raquel Huete son unha formación musical nada en Ourense.

 

Este será o seu segundo videoclip e gravarase no palco da música de Sobrado do Bispo!

 

Non importa a idade que teñas nin a formación física, só as ganas de pasarcho moi ben ao ritmo da boa música. Non o penses máis e baila. Bailemos todos e todas participando desta gran festa.

 

Lugar: Praza do San Xoán en Sobrado do Bispo

Data: Luns, 30 de xullo

Hora: Desde as 11 h.

Cultura, Novas

CONTENT.1540254638

SINGLE.1540254638