21/11/2020
Toén, Barbadás, Taboadela e San Cibrao desenrolarán conxuntamente un obradoiro dual de emprego
TOÉN, BARBADÁS, TABOADELA E SAN CIBRAO DESENROLARÁN CONXUNTAMENTE UN OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO CENTRADO NO MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES NOS 4 CONCELLOS
A Consellería e Emprego e Igualdade financiará este proxecto para favorecer a empregabilidade nestes territorios
O obradoiro conxunto implicará a contratación de 1 director/a 2 docentes, 1 administrativo/a e 20 alumnos/as para un período de 9 meses
- A Consellería de Emprego e Igualdade confirma a concesión de financiamento para un Obradoiro Dual de Emprego denominado “Concellos Rurais da Comarca de Barbadás, San Cibrao, Taboadela e Toén”.
- O obradoiro de emprego que se desenrolará nos 4 concellos abrangue as especialidades de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.
- A posta en funcionamento deste obradoiro implicará a contratación de 2 docentes, 1 director/a, 1 administrativo/a e 20 alumnos/as para un período de 9 meses.
- A Xunta de Galicia aportará 346.946 euros, en tanto que os 4 concellos participantes achegarán 31.827,46 euros.
- Os módulos que se abordarán no obradoiro de emprego de Barbadás, Toén, Taboadela e San Cibrao centraranse na instalación de xardíns e zonas verdes, mantemento de mellora dos mesmos, control fitosanitario e un módulo de prácticas profesionais de instalación e mantemento.
- As unidades competenciais serán as seguintes: Instalación de xardíns de interior, exterior e zonas verdes; manter e mellorar xardíns e controlar as pragas, enfermidades, malas herbas e fisiopatías.
- O obradoiro dual de emprego impartirá formación complementaria ao alumnado: inserción laboral, prevención de riscos laborais, alfabetización informática, sensibilización ambiental e sensibilización en violencia de xénero.
- Os Obradoiros de emprego son programas destinados a mellora e empregabilidade das persoas desempregadas, alternando a formación para o emprego xunto coa práctica laboral.
- INTERVENCIÓNS EN BARBABAS ( A Valenzá, Bentraces e todo o concello):
- Mellora da área recreativa do Barreiro, situada en Bentraces, que na actualidade se atopa nun estado de deterioro. Procederase neste espazo natural á reposición de bancos, mesas e barbacoas. Habilitarase unha zona de xogos infantís renovada. Realizaranse ademais traballos de limpeza, desbroce, lavado con hidrolimpadora dos elementos de pedra e repintado dos elementos biosaudables.
- Axardinamento do noiro de acceso dende a rúa da Presa ao parque dos Patos. Nesta zona de bancais creados hai uns meses realizarase un axardinamento que destaque pola súa beleza e colorido. Deste xeito pretende conseguirse unha sintonía coa beleza do lugar aproveitando os bancais de recente creación.
- Recuperación dos céspedes e pradeiras e mellora das zonas verdes do Paseo dos Amieiros.
- Traballos de poda en diferentes zonas verdes: Solaina, Leiteira, Viso, Diestros, Canella, Salgueiriños, Searas, Area gorda, Amieiros, Patos-Vilaescusa-Lameira do Mato, Cuartas, Liberdade, Avenida Celanova, Bahamonde.
INTERVENCIÓNS EN TOÉN
- Mellora na área recreativa San Alberte (Moreiras)
- Mellora no parque de Fondón
- Traballos de poda no CEIP Saco e Arce
- Traballos de poda do arborado viario na OU-0519 ao seu paso polo núcleo de Toén.
- Traballos de poda do arborado viario na OU-0518 ao seu paso polo núcleo de San Pedro de Moreiras.
- Traballos de mantemento de elementos vexetais e non vexetais no parque infantil de Trellerma.
INTERVENCIÓNS EN TABOADELA
- Creación dun parque en Santa Leocadia.
- Traballos de mantemento e mellora na ruta de San Xoan.
- INTERVENCIÓNS EN SAN CIBRAO DAS VIÑAS: Reposición e mellora da sinalización nas rutas do Espazo Natural de Interese Local de A Boutureira. Este Espacio Natural presenta catro rutas:
- Ruta A : Percorrido circular: A Boutureira – Capela de San Roque – Outeiro Calvo – A
- Ruta B : Percorrido circular: Boutureira – Laxe – Rego – Boutureira.
- Ruta C : Percorrido lineal: Boutureira – Muíño de Soutopenedo – Igrexa de San Miguel – Cruceiro de Soutopenedo.
- Ruta D : Percorrido líneal: Boutureira – San Cibrao das Viñas – O Condado – Noalla –Ponte Noalla –