24/05/2024

Torneo de Xadrez Activo A Valenzá (Circuito Galicia Central)

O club Academia Xadrez As Burgas en colaboración coa Asociación Escaque Vital organiza o Circuito de Xadrez Activo Galicia Central, torneos de ritmo rápido valedoiros para Elo FIDE en localidades do centro de Galicia e nos que poden participar todas as idades.

A inscrición para cada torneo é de 5€.  Os xogadores que non estean federados, deben avisar á organización no prazo de inscrición e efectuar o abono de licencia (5€ ata sub14 e 15€ en absoluto (licencia federativa válida para toda a tempada.

A inscrición farase enviando un correo a xadrezasburgas@gmail.com

 

Bases torneo xadrez A Valenzá

 

A páxina dos circuitos é  www.xadrezasburgas.net

 

Circuíto Galicia Central 2024 (Bases Xerais)

Circuíto de Torneos:

  • A Valenzá: 8 de xuño
  • Allariz: 15 de xuño
  • Lalín: 29 de xuño
  • Galerías Unión-Progreso (Ourense): 7 de setembro
  • O Carballiño: 14 de setembro
  • Centro Comercial Pontevella: 21 de setembro
  • Espazo Xove (Ourense): 28 de setembro

 

Eventos, Mocidade

CONTENT.1719099699

SINGLE.1719099699