17/06/2022
Tramo Barbadás Rallye Ourense e Mapas de acceso

TRAMO BARBADÁS
O Concello de Barbadás acollerá o próximo sábado 18 de xuño, a segunda etapa do Rallye de Ourense
Haberá dúas probas:
Ás 10:30 h a TC6 e ás 14:35 h a TC9
ACCESOS
O acceso 1
É un dos accesos máis sinxelos de todo o Rallye, no centro da Valenzá hai que continuar e desviarse na indicación do campo de fútbol, rúa das Cuartas, piscinas. A 20 metros está o tramo e un pouco máis abaixo a zona de saída.
O acceso 2
Se en vez de desviarnos a esquerda como no anterior acceso, continuamos dirección Celanova pola OU-518 durante 600 metros, atopámonos coa especial nunha horquilla de subida.