04/08/2025
Teatro de marionetas “The Pícole Teatro” con Trécola Producións
Xoves, 7 de agosto, ás 21h no Parque dos Patos

Chegado o mes de Agosto, o Programa de Verán do Concello de Barbadás continúa avanzando, así este xoves 7 de Agosto imos contar co Grupo de Marionetas TRÉCOLA PRODUCIÓNS que nos vai representar o espectáculo “The Pícole Teatro”, será ás 21h. no Parque dos Patos (A Valenzá).
The Piccole Theatre é unha nova visión do Teatriño de Feiras, primeira creación de Trécola estreada no ano 1982 coa que recuperaba a tradición das marionetas de fío en Galicia.
Un show moi participativo presentado polo gran Don Lirone, un buscador de talentos por terra, mar e aire.
Un espectáculo protagonizado por grandes artistas de madeira e cartón pedra que realizan acrobacias, números musicais, de maxia ou cómicos.
Representamos The Piccole Theatre coas marionetas orixinais, coa mesma ilusión de sempre e respectando boa parte do guión orixinal que aínda que pasen os anos segue sorprendendo, facendo rir e participar a un público de calquera idade.
Evento: Teatro de Marionetas
Día: Xoves 7 de Agosto
Hora: ás 21h.
Lugar: Parque dos Patos
Organiza: Concellaría de Cultura de Barbadás.