17/12/2021

Tren turístico do Nadal

O martes, 21 de decembro, percorrerá a Avda. de Celanova

Tren turístico do Concello de Barbadás
  • A Concellería de Promoción Económica  e Turismo  organiza actividades de dinamización económica con motivo das festas do Nadal.

 

  • O día 21 de decembro, un tren turístico percorrerá a zona comercial de A Valenzá, levando as familias entre establecementos comerciais e hostaleiros, para que fagan as súas compras e poidan achegarse aos escaparates e decoración de Nadal.

 

  • O tren sairá debaixo da ponte da autovía e chegará ata o final da Avenida de Celanova, dando a volta e repetindo o percorrido durante toda a tarde.

 

  • A saída será as 16.00 horas e estará a funcionar ata as 21.00 horas.

 

  • Para  subir ao tren será preciso amosar un ticket de compra ou consumo, por familia, dalgún dos establecementos comerciais ou de hostalaría do Concello de Barbadás.

 

Eventos, Promoción económica

CONTENT.1728269633

SINGLE.1728269633